Asumir responsabilidades y avanzar

Durante una de las intervenciones en el Pleno Extraordinario del 31 de julio.

El Pleno Extraordinario sirvió para aprobar un plan económico financiero, trámite obligado por sobrepasar el techo de gasto en 2018, y un cambio en los presupuestos para poder pagar más de tres millones de euros en facturas atrasadas, la mayoría la Compañía de Tranvías. También para dotar con 943.000 euros una partida para afrontar el sobrecoste de la reforma de Riazor, el tema más polémico sin duda de este pleno.

Un pleno en el que quedó constancia de la necesidad de pasar página cuanto antes de debates anteriores, aún muy presentes entre los Grupos Municipales existentes en María Pita. En mi opinión, cuánto antes consigan deshacerse del pasado más energía y dedicación tendrán para lo importante que es centrarse en solucionar los problemas que tenemos en esta ciudad.

Transcribo a continuación mis intervenciones en este pleno:

Moi bos días a todos, 

Gustaríame empezar a miña intervención facendo referencia as enmendas presentadas polos grupos do PP e da Marea. No caso da presentada pola Marea non deixa de ser un trámite reincidindo no que imos a aprobar… ou non, que é precisamente iso, a dotación económica para pagar esa factura, supeditado o pago a unha revisión total da situación. 

No caso da do PP, No Grupo Ciudadanos cremos que retirar ese modificativo non ten moito sentido, tendo en conta, como dicía que o que se decide hoxe é a dotación presupostaria para facer fronte a esas facturas pendentes, e neste caso concreto, factura pendente e xa conformada. O único que se conseguiría retirando este modificativo sería alongar máis no tempo un proceso, unha débeda que tal e como nos asegura o goberno non se pagará ata que se estudie en detalle, ata que haxa garantías de que ese sobrecuste é procedente ou non. Teremos que estar vixiantes de que así sexa, de que non se pague a factura ata que estea todo claro.

En calquera caso, segundo puidemos ler todos nos informes que se nos fixeron chegar, a obra, por certo, a obra máis salientable de todo o Goberno da Marea e  á que se lle deu “máxima prioridade” foi plantexada, licitada e executada polo anterior Goberno, que ademáis, segundo se reflicte no informe tamén foi consciente do sobrecusto e mesmo o xustificou. As grandes obras non se fan as presas, sen tempo e con «carencias do proxecto de execución», tal e como indica o supervisor municipal da obra.

Os informes técnicos inclúen un correo electrónico de Xiao Varela no que se recalca a máxima prioridade e da so dous meses para redactar o anteproxecto.

Así pois, cremos que a Marea debería recoñecer os seus erros e asumir a súa parte de responsabilidade. Como Sande, o anterior Concelleiro de Deportes, xa non está, sí  Xiao Varela podería recoñecer a súa parte de responsabilidade en todo este proceso. E insisto, tendo en conta que o que aquí aprobamos hoxe é a dotación económica para poder facer fronte a estas débedas, non o pago da factura que queda supeditado a que teñamos todas as garantías…así pois neste período no que se busquen esas garantías: 

Gustaríanos que se analicen as posibles responsabilidades das persoas que avalaron este proxecto no goberno anterior e por suposto que se faga un seguimento exhaustivo por parte dos técnicos municipais para corroborar a veracidade dese sobrecusto.

O que creo que non debemos facer  é seguir dando máis voltas das necesarias sobre facturas xa conformadas que afectarán ao prazo de pago a proveedores e polo tanto que afectarán á posibilidade de facer inversións con remanentes de anos anteriores. Como xa pasou no exercicio anterior cando máis de 15 m de euros tiveron que ser destinados a amortizar débeda en lugar de poder gastalos en obras tan necesarias para a cidade.

A petición de crédito de 6,5 millóns de euros parécenos pois procedente, tendo en conta que coa amortización dos 15 millóns do ano pasado, a maiores do que xa correspondía, hai marxe suficiente para aumentar o crédito para poder facer fronte a esas facturas herdadas e pendentes como pasa tamén no caso das correspondentes a subvención do bonobús aos usuarios da Compañía de Tranvías.

Cremos que se debe facer fronte a estas facturas que ascenden a máis de tres millóns de euros polo mesmo que comentaba antes, saldar canto antes débedas que haberá que pagar sí ou sí, pero creo que debemos esixir máis control sobre os contratos existentes. Non pode ser que o cocello non saiban seguro cantos usuarios do bonobús suben realmente e cantas veces ao autobús porque os aparatos donde o usuario pon a tarxeta ao subir na súa viaxe non están conectados a Maria Pita e polo tanto moito menos auditados. Creo que sería convinte por exemplo, coñecer datos de número de usuarios por franxas horarias e días da semana, para estudialos e facer propostas. A Compañía de Tranvías busca o seu propio beneficio, está ben que as empresas gañen cartos, pero neste caso o bus urbano é un servicio público que dende o goberno se debería de controlar moito mías porque son moitos millóns os que se invirten nel ao ano.

Creo que a obriga do goberno, tendo en conta que é un goberno en minoría, debe ser proporcionar a máxima transparencia cos contratos e as facturas que se pagan.

Os cidadáns necesitan xestión adecuada da caixa común, e un pago desta magnitude debe ter o maior control posible. Ciudadanos sempre estará en contra dos favores a uns poucos en prexuicio da maioría.

Desde este grupo, como merecen os cidadáns, reclamamos transparencia, control e xestión. 

Para os seguintes prespostos non debería suceder isto, debe facerse unha maior previsión de consignación presupostaria.

E por rematar con este asunto é en canto as facturas impagadas e todas conformadas, cremos que é xusto que se abonen canto antes, como dicía, para solucionar todos estes asuntos pendentes de maneira extraxudicial que se poden sacar xa denriba e procurar que non volva suceder porque por exemplo, como neste caso, pode darse a situación de que algunha empresa xa non exista como tal.

Así pois: control sobre todas as facturas para poder pagalas en tempo e non teñamos que ‘desperdiciar’ o superavit en amortizar débeda en lugar de dedicalo as necesarias inversións pendentes e futuras..

Asunto 6: Plan Economico Financeiro 2019-2020

Entendemos que este Plan Económico Financeiro sexa unha medida obrigada despois de que o Concello superase o teito de gasto no 2018. Entendemos tamén que é viable a proposta pero cremos que o Goberno debe traballar para que non se chegue a esta situación, así pois, tamén neste asunto destacamos a esixencia de ter un control máis exhaustivo das contas, neste caso sobre entes coma o Imce, o Consorcio de promoción da Música, o consorcio de turismo e congresos, a fundación emalcsa, a fundación luis seoane e o fondo galego de solidariedade, non só durante a vixencia deste Plan presentado, senón continuamente.

E tamén pedimos máis axilidade…a liquidación de 2018 tiña que estar presentada o 1 de marzo deste ano, chega con retraso, como nos últimos anos, pero tamén o actual Goberno tiña que ter actuado con máis premura…agradecémos pois que se vaia levar ao primero pleno ordinario…

Non pode ser que teñamos acceso tan tarde a liquidación, non debemos esquecer nunca o importante que é a transparencia de cara aos cidadáns e de cara a corporación cun goberno en minoría.

Creo que este goberno debe marcar a diferencia co anterior, e creo que é o que vostedes pensan ainda que non o poidan dicir. O Goberno ten tempo para mellorar os rexistros nos pagos e utilizar todo ou parte do superávit do ano pasado en inversións sostibles, sempre cumprindo co resto de requisitos.

E sempre tendo en conta que as obras son para solucionar problemas de calidade de vida, e non se trata de gastar por gastar para sair en prensa e sí se trata de facelo de maneira eficiente ao menor custe posible.

E como os recursos son escasos, priorizando aquel gasto que afecte a máis persoas e/ou mais sectores sociais e económicos en conxunto.

4 respuestas a «Asumir responsabilidades y avanzar»

Deja un comentario

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.