
Esta semana ha empezado con movimiento. A las 9 de la mañana celebramos un pleno extraordinario para aprobar un nuevo modificativo a los presupuestos prorrogados de 2018.
Esta ha sido mi intervención:
O traballar con presupostos prorrogados ten estas consecuencias así é que consideramos que é preciso aprobar este modificativo que hoxe se trae a pleno porque é necesario suplila deficiencia de diferentes partidas, entre elas, a máis salientable e máis urxente, e que xa se tiña que ter feito antes, incluso no último modificativo aprobado no anterior mandato, sabendo xa que en 2019 ía a haber máis beneficiarios, é dotar de crédito a Renda Social Municipal e as Axudas de Emerxencia Social. É evidente que no seu momento non se contemplou o treito necesario para aboar estas rendas polo que, dada a situación das persoas pendentes de cobralas deben ser atendidas inmediatamente e agardamos que esas partidas de 240.000€ e de 417.000€ que están destinadas precisamente a poder cubrir o conxunto do ano 2019 resolvan a insuficiencia existente.
Creo que todos concordamos na importancia das políticas sociais e a necesidade urxente de reactivala economía na cidade, tendo presente que este ano se atenderán un total de casi 2.000 solicitudes de emerxencia social está claro que temos un problema ao que hai que buscarlle solución.
Quen gobierna debe cumprir cos compromisos adquiridos cos cidadáns, porque si a renda social ademáis de supor unha axuda, ten como obxetivo a inclusión, os retrasos para cobrala non lles axudará a sair dunha situación de pobreza, a renta axuda a subsistir pero debe axudar tamén a que os que teñen que pedila poidan recuperar a súa situación social e laboral.
Tema bics…Apoiamos o traslado entre capítulos orzamentarios para que as estacións e as bicicletas pasen a formar parte do patrimonio municipal, case 1,7 millóns de euros é unha cifra moi importante pero necesaria si realmente queremos fomentalo uso da bicicleta. Bicicoruña contribúe a iso, pero non todos os usuarios de bici recorren ao servicio municipal.
¿ saben por que moitas persoas rexeitan moverse coas suas bicicletas propias na cidade? Unha por falta de estacións vixiadas e risco de que llas rouben.
Bicicoruña debería ofrecer tamén estacións de bicis privadas , onde estivesen vixiadas, así o uso incrementaría notablemente. ¿ onde deixo a miña propia bici mentras acudo alo traballo, a unha actividade de ocio , a un hospital ou a calquera outro lugar ? Poñamos todas as facilidades a todas as necesidades e verémos moitas más bicicletas na nosa cidade.
Pero son moitas as persoas que non as usan tanto como quixeran polo pésimo trazado do carril bici que se fixo nesta cidade. As presas por poder vender que se teñen 37 kilometros ciclabes levaron a facer un carril bici que mesmo incumple os consellos europeos dun carril bici. Creo que foron cartos estragados, pois necesita unha volta nas señalizacións, en seguridade…Un dos factores claves para a integración da bicicleta na mobilidade é a seguridade. É básico sentirse seguro, ter claras as normas, sentilo percorrido como cómodo, poder aparcala bicicleta en lugar seguro e sentirse respetado.
Cando falemos dos próximos orzamentos contemplemos os problemas reais da xente e busquemos solucións, amplialo servicio de bicicoruña ofrecendo seguridade a quen se move coa sua propia e melloralo carrril bici entra dentro dos obxetivos de mobilidade e eso é algo que demandan moitas persoas.
Que por certo, falando de orzamentos, hoxe acaba setembro e aínda non temos o borrador do orzamento do que tano se fala. Agardemos que o proceso electoral no que nos imos meter non afecte ni retrase eses orzamentos.
Pasando xa a outros asuntos deste modificativo, no que se refire aos convenios nominativos, gustaríame destacar a importancia de facer boas previsións para colectivos tan importantes, e seguindo coa temática social, como son os que se adican a realizar actividades que cada ano teñen máis éxito, e refírome a non esquecerse da Fundación Abrente e a súa carreira Enki que este ano vendeu 10.000 dorsais en tan só unha semana. Son accións de moito calado que promoven e fomentan o deporte e que polo tanto merecen o todo o apoio e consideración.
De igual modo non debemos deixar de lado nunca a promoción da cultura e da música. Temos nesta cidade a Amigos de la Ópera que realizan un incansable traballo en prol da promoción da música, contribuindo á proxección da cidade no ámbito cultural e ao arraigo dunha tradición musical. E todo o fan con moi pouca axuda das administracións, mesmo soportando toda a débeda que a Xunta ten co Consorcio da Música. Cando hai case un ano Amigos de la ópera recibía nada menos que o Premio de Honra que concede a asociación Ópera XXI á mellor institución do país, o seu director artístico dicía, e con razón, que ninguén entende no resto de España como cada ano teñen máis éxito e menos presuposto. Así é que por favor non esquezan facer ben as previsións e destinar convenios e pagalos a tempo tan necesarios para a promoción da cultura.
Quixera facer asimesmo unha observación acerca dos 100.000 euros destinados a gastos postais para envio de multas. As facturas recibidas e aprobadas hai que pagalas, con iso non hai dúbida, pero ¿Non creen que antes de enviar as multas habería que revisar porque se poñen gran parte das mesmas? Porque son moitísimos os problemas que hai de aparcamento nesta cidade, son moitos os coches mal aparcados a diario, molestando nalgúns casos gravemente a mobilidade dos peóns e mención aparte merecen as máquinas da ORA, estropeadas un día si e ao seguinte tamén, o que dificulta enormemente que se poda facelo pago para estacionar pero curiosamente as máquinas de poñer as multas non se estropean….A ADMINISTRACION TEN QUE ESTAR AO LADO DO CIDADÁN, NON ENFRENTE, TEN QUE DARLLE FACILIDADES E NON BUSCARLLE PROBLEMAS, QUE XA TEÑEN DABONDO.
Aquí podéis ver el vídeo del pleno:
Muy bien!!!!! Coruña ya se beneficia de tu presencia. Ojalá renovemos también el escaño de Marta.
Enviado desde Yahoo Mail con Android
Me gustaLe gusta a 1 persona