El Gobierno se compromete a poner en marcha el Plan Director de la Torre de Hércules

Ya lo anunciaba la semana pasada, en el artículo publicado en El Ideal Gallego, titulado ‘No perdamos nuestro Patrimonio’, que presentaríamos al pleno una moción para poner en valor nuestro emblema, la Torre de Hércules y recuperar el Plan Director para seguir y cumplir los requisitos que pide la UNESCO para mantener la distinción de Patrimonio de la Humanidad. Os dejo a continuación la exposición de motivos y los acuerdos alcanzados:

Debate Moción Torre de Hércules

Pechamos o ano 2019, o ano do décimo aniversario da declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade pola Unesco. É un bo momento para facer balance do que se fixo ben, non só durante este ano de aniversario a cargo do Consorcio de Turismo e Congresos e da Concellería de Cultura, senón do que se fixo nesta primeira década e é tamén momento de dar conta do que debemos mellorar.

Todos estamos dacordo en que a Torre de Hércules é o emblema da nosa cidade, o faro que nos guía, é un dos maiores reclamos turísticos da Coruña, máis aínda desde que é patrimonio da Humanidade. Miles de cidades en todo el mundo compiten por conseguir tan prezada denominación porque son conscientes de que a proxección internacional turística das mesmas aumenta notablemente.  

Sabemos. por datos de hai tan so uns días, que A Coruña situouse como líder na subida do crecemento turístico da zona norte, segundo o Balance da rendabilidade e o emprego dos 105 princiais destinos turísticos españois urbanos e de vacacións, realizado por Exceltur.

Pero, deberíamos saber despois destes dez anos cómo se traduce en cifras o impacto da declaración, xa sexa en financiación, desenvolvemento da cidade e atracción de novos turistas e así poder enfocar mellor as accións a mellorar.

É necesario tamén, despois de dez anos, revisar o cumprimento de todos os parámetros da UNESCO na súa conservación e xestión. Parámetros  e requisitos esixidos pola Unesco e recollidos no Plan Director do monumento elaborado pola profesora Ana Goy en 2010 e ampliado en 2012 con propostas de actuación.

Pendentes seguen, entroutras cousas, un plan de actuacións para protexer o ben, un órgano que o xestione e a creación dun centro de interpretación cun museo co material das excavacións, contextualizado co ámbito marino, polo que tamén sería un museo de faros tal e como se recolle nese plan.

Consideramos que o lugar idóneo sería o antigo cárcere, como así propuxo o Goberno a pasada semana, e como está previsto estratéxico de turismo 2017-2020, pero todo apunta a que os complicados pasos a dar antes de poder facer uso deste edificio non van permitir que isto sexa unha realidade a curto prazo e teñamos que seguir co centro de interpretación para visitantes, instalado no seu día no parking de maneira provisional. 

A infraestructura turística e as instalacións para os visitantes relacionadas cos bens Patrimonio da Humanidade deben ser cuidadosamente planificados, deseñados e actualizados periódicamente segundo sexa necesario para maximizar a calidade da apreciación e as experiencias dos visitantes, ao tempo que se minimizan os impactos negativos sobre os valores patrimoniais e o contexto ambiental e cultural.

Dez anos despois de que a Torre se convertirse en patrimonio cultural, a caseta do parking segue sendo o lugar onde se albergan as exposicións e onde se venden as entradas aos visitantes, que en moitos casos, por non estar ben sinalizado, teñen que baixar a mercalas unha vez que xa chegaron ao pé da Torre. Bótanse moito de menos a visitas nocturnas..

É tempo de modernizarse, é tempo tamén de cumprir outro dos obxectivos do Plan de Dinamización Turística da Torre de Hércules incluido no plan estratéxico de turismo que tiña como data de execución 2018: a implantación ou revisión dun plan de comunicación que contemple una renovación da páxina web. Consideramos que a páxina web está obsoleta, en imaxe e necesita unha actualización.

Ata o dagora, todo foron plans pero poucas actuacións. Tendo en conta a importancia de manter a distinción da UNESCO e co Xacobeo ás portas,propoñemos ao pleno o seguinte Acordo:

-Revisar e por en marcha o plan director do monumento que detalla todos os requisitos esixidos pola Unesco e que recolle mais de 100 medidas para unha mellor xestión do ben vinculándoo con todo o que pode ter de patrimonial, gastronómico, cultural, material e inmaterial.

E como aceptamos a enmenda da Marea, engadiríamos o punto que di:

-Engadir no orzamento orgánico do Concello para o ano 2020 unha partida específica con esta finalidade.

Non aceptamos a enmenda de sustitución do PP  por considerar que é o mesmo que xa se pide nesta moción.

A partir de 2h02’00» está el debate y la aprobación por unanimidad de esta moción:

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: