Tendremos reordenación de rutas y horarios de los buses antes del verano de 2020

También se ha aprobado por unanimidad nuestra tercera moción llevada al pleno ordinario de diciembre con la intención de que se convoque a primeros de año la Mesa de Movilidad y que se elabore de una vez por todas un plan para reordenar rutas y horarios de los buses de la ciudad.

Os dejo transcrito el texto de la exposición de motivos y los acuerdos alcanzados, con aportaciones de la Marea y el PP, que entre ellos se han puesto de acuerdo y así entre todos hemos sacado adelante esta moción tan necesaria para la movilidad de nuestra Coruña:

Debate moción CS lineas de autobuses

O retraso que sufre a Intermodal, que se supón que será un revulsivo á hora de conectar os diferentes puntos da cidade en condicións, non pode retrasar máis o que todos consideramos como unha prioridade nesta cidade desde xa hai anos, a actualización de rutas e horarios do transporte público.

O esquema actual da articulación de liñas non ten en conta as demandas dos novos barrios deixando zonas e franxas horarias sen servizo. É o caso, por exemplo, de Novo Mesoiro, onde a a actual liña do bus, a liña 21, cobre, apenas, as necesidades reais do barrio, conectándoos co centro da cidade, pero é totalmente insuficiente para un barrio no que viven máis de 2.000 rapaces en idade escolar. 

Porque, tal e como explican os veciños de Novo Mesoiro, unha das reclamacións recorrentes é dotar ao barrio dun servizo de transporte público colectivo áxil, rápido e funcional. Xunto con Mesoiro, Feáns e Urb. Breogán, son a única zona da Coruña que non está conectada de xeito peonil coa cidade, polo que o uso de vehículos se fai necesaria se queren facer vida normal: ir traballar, ir estudar, ir os centros sanitarios de referencia, ir facer compras, ou mesmo para saír do barrio. 

Eles mesmos iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar a implantación dunha liña de bus entre o barrio de Novo Mesoiro e o barrio dos Castros que percorra o Campus Universitario de Elviña, Matogrande e as zonas sanitarias CHUAC e Materno e para a ampliación en dúas paradas da liña hoxe en día existente da UdC para que atenda o barrio de Novo Mesoiro.

Non é o único barrio que fixo unha proposta, quen mellor que os propios veciños dos barrios que coñecen as súas necesidades. Á falta de conexión con hospitais e coa universidade únese tamén a escasa comunicación cos polígonos industriais desta cidade. O último estudio de mobilidade feito rexistraba que o 90% da xente que traballa nos polígonos de Pocomaco e da Grela vese obrigada a desprazarse no seu vehículo propio ante a falta de conexións axeitadas aos horarios de traballo.

O anterior goberno investiu máis de 600.000 euros en estudos sobre a reforma das liñas que non se chegou a materializar en nada.

O propio programa electoral do Psoe dicía literalmente: “Impulsaremos a reordenación das liñas de autobuses, buscando unha maior racionalidade para reducir os tempos de espera y de viaxe, e para mellorar a conexión entre os diferentes barrios e nodos estratéxicos da cidade”. 

Este Goberno asegurou que a Mesa da Mobilidade será a ferramenta fundamental para abordar a reforma con rigor técnico. 

Así que por todo o anteriormente exposto, desde Ciudadanos elevamos a este Pleno os seguintes:

ACORDOS:

  1. Instar ao goberno municipal a convocar a mesa de mobilidade a promeiros de ano para definir unha proposta de revisión da rede do transporte público da Coruña, dandolle continudade aos estudos realizados no pasado mandato, para que entre en vigor antes do verán de 2020, que dea resposta ás necesidades de mobilidade e actual da cidade coidando a integración de rede urbana coa metropolitana, a futura construcción da estación intermodal e que mellore o servizo aos barrios, aos polígonos industriais e aos centros asistenciais, ampliando as frecuencias e reduciendo os tempos de espera.
  2. Instar ao goberno municipal a elaborar no primeiro trimestre de 2020 unha nova ordenanza de circulación que teña en conta os novos medios de transporte utilizados pola cidadanía.
  3. Poñer ao dispor do resto de grupos municipais os estudos realizados no mandato anterior sobre a necesidade de reorganizar as liñas de bus urbano da cidade.

En el minuto 2h21’30» se da paso a la exposición y debate de esta moción:

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: