Vamos a pedirle al Estado lo que nos pertenece

Sumidos en la actualidad que nos obliga a tener todos los sentidos puestos en lo que nos ocupa, la salud, hay que atender también a las necesidades de nuestra ciudad. De ahí la celebración del pleno extraordinario para reclamarle al estado lo que nos debe.

Os dejo los videos y texto de la intervención del pleno extraordinario celebrado el viernes 13 de marzo.

Mois bos dias a todos os presentes neste salón de plenos, e hoxe especialmente aos que nos seguen por internet e desde a sala habilitada para a ocasión. Trátase de non contaxiarnos e non contaxiar a outros e así evitar colapsar o sistema sanitario. Por iso, grazas polas medidas tomadas, grazas pola responsabilidade. É momento de aplicar a máxima responsabilidade, colectiva e individual.

Ante a celebración deste pleno extraordinario, unha vez máis, e todas as veces que fagan falla, desde Ciudadanos defendemos e apoiamos a esixencia de pedirlle ao Estado o que lle corresponde a esta cidade. 

Unha cidade tremendamente castigada polo, poderíamos dicir perfectamente, abandono institucional a nivel nacional, pero non agora, nin hai uns meses, nin hai catro anos…trátase dun abandono que ven xa dende hai moito, un exemplo é que levamos esperando por un acceso digno a Alvedro dende que Josep Borrell era José Borrell e A Coruña era La Coruña. Moito se avanzou desde aquela  en debates estériles e moi pouco en infraestructuras útiles para os cidadáns.

Refírome ao anuncio que facía no ano 1995, o daquela  ministro de Obras Públicas e Fomento, Borrell, comprometéndose a construir un enlace entre a actual AP9 e Alvedro.  O titular de prensa, trala súa a visita a Coruña dicía: José Borrell considera una asignatura pendiente o enlace da AP9 e Alvedro. A súa visita por certo era para a inauguración da terminal de Alvedro.

25 anos máis tarde, A Coruña segue agardando por ese enlace e 25 anos despois a terminal está a máis do 100% da súa capacidade.

25 anos nos que pasaron polo goberno todas as cores, así que culpas hai para todos. 

Agora, en 2020, todos somos conscientes da necesidade destas  infraestructuras para o crecemento económico da nosa Cidade.  

As inversións públicas pendentes con Coruña debemos esixirllelas todas as veces que sexa necesario e mediante todos os mecanismos posibles, xa que o goberno Central ata agora so engade dubidas sobre as posibilidades de execución destas inversións e ningún compromiso.

É necesario  esixir que inclúan nos Orzamentos Xerais do Estado 2020 as partidas presupuestarias destinadas á parte do Adif para a Estación Intermodal, o Vial 18, a Cuarta Rolda, a reforma da Avenida de Alfonso Molina,  o tren de cercanías, a ampliación da terminal de Alvedro con dous novos fingers, a Cidade das Tic, a rexeneración da Ría del Burgo e a pasarela en Pedralonga. 

Propuxeronse estes asuntos en senllas mocións da Marea e do BNG plenos anteriores, e as duas mocións demos o noso apoio e o volveremos a facer agora coa petición deste acordo.

Respecto ás actuacións a realizar neste ano, vostedes saben que coa situación actual non se pode condonar a débeda mentres non se cree un Consorcio o ente similar ao de Valencia. O sensato é a petición deste compromiso para crear ese ente público e a busca de solucións financieiras á débeda contraída pola Autoridade portuaria, como pode ser liberala, a actualización dos convenios urbanísticos ou aportacións económicas doutras administracións.

O enlace ferroviario ao porto exterior de  Langosteira é urxente para poder dar saída á carga e descarga de  graneles que segue operando nos peiraos interiores, sen embargo onte soubemos que non se vai  financiar esta conexión ferroviaria baixo o acordo entre Puertos del Estado e Adif firmado en 2018 de momento, onde se establecería unha financiación con fondos non procedentes da Autoridade Portuaria, como así avanzou su presidente, senón con fondos europeos que terán que esperar a ser solicitados na convocatoria do vindeiro ano. 

Adif di que debido ao estado actual do proxecto constructivo da liña férrea non se puideron pedir os fondos europeos por non estar terminado, esixamos daquela esa partida económica nos Orzamentos Xerais do Estado necesaria para licitar este proxecto.

Convocar a comisión de seguimento e coordinación da execución do convenio urbanístico aprobado en 2004 e que contempla a cláusula oitava do denominado “convenio para a reordenación urbanística de determinados terreos do actual porto da Coruña e da estación de Ferrocarril de San Diego, vinculada a mellora da estructura urbanística da Cidade e a construcción das novas instalacións portuarias en Punta Langosteira” é outra vía para intentar avanzar na coordinación de todas as actuacións necesarias para a reordenación urbanística que o convenio proxecta, aínda que esta Comisión segundo o artigo oitavo é competente específicamente para coñecere discutir as solucións urbanísticas que o concello propoña para o avance do PXOM, o cal foi aprobado posteriormente en 2013, e efectivamente en 2014 realizaronse modificacións nos documentos de planificación portuaria. (protocolo 2018)

Propoñen tamén nos acordos revisar  neste ano 2020, o Real Decreto 1733/2011 na enmenda de corrección, para a amortización vía orzamentaria das obras executadas na ampliación da AP-9, para evitar os incrementos de tarifas e aplicar bonificacións aos usuarios diarios.

Compartimos crear esas bonificacións, pero como xa temos dito máis dunha vez gustaríanos que tamén esixiran a Audasa unha mayor TRANSPARENCIA, AS CONTAS REAIS,  porque os incrementos de tarifas do 30 de Outubro de 2018 son consecuencia do acordo para modificar o contrato de concesión positivado nese Decreto, e onde nesa norma se acorda entre a Administración e Audasa, que esta última,  Audasa, poida aumentar as peaxes.

Consultando un informe ao respecto do Doctorando da Universidade da Coruña José Antonio Blanco Moa, neste informe, feito a finais do ano pasado, se chega á conclusión de que na polémica ampliación da autopista levada a cabo mediante este decreto é criticable a escasa transparencia que existe respecto ao aumento da retribución de Audasa xa que se acordou “un incremento extraordinario de tarifas nos percorridos con pago directo polos usuarios da autopista AP-9, en todos os seus treitos, do 1% anual acumulativo durante 20 anos” e que “a ampliación da autopista AP-9 e os a maiores gastos de conservación e outros, derivados daquela ampliación da autopista entenderáse alcanzada no momento no que o valor capitalizado das variacións anuais dos fluxos de caixa se faga nulo a una taxa do 8%, momento a partir do cual DEIXARÁN DE APLICARSE OS INCREMENTOS EXTRAORDINARIOS DE TARIFAS que se establezan neste Convenio” … Nembargantes, en ningún momento, se xustifica o porqué dese aumento do 1% nin a taxa do 8%, que semellan variacións a tanto alzado.

Este estudio analiza tan so se a modificación do contrato de concesión cumpría ou non coas limitacións legais existentes para as modificacións non previstas nos pliegos do contrato. 

Sobre isto puidose concluir a existencia dun incumprimento do límite cuantitativo que establecía o artígo 92  da LCSP (ley de contratos do sector público) 2007 onde se indica que as modificacións non poden igualar ou exceder, en mais ou en menos, o 10% do prezo de adxudicación do contrato. Salvo error do autor, non consta información pública do prezo de adxudicación do contrato  polo que se tomou o seu valor contable recollido nas contas anuais de Audasa. E fíxense, que analizando esas cifras se observa que se incumpre significativamente o límite do 10% do prezo de adxudicación do contrato.

Y aínda que se tratou de subsanar na cláusula quinta do Convenio entre a Administración Xeral do Estado e Audasa aprobado por medio do Real Decreto 1733/2011,  estamos ante una modificación que ao entender deste experto doctorando adolece de vicios xurídicos que determinarían a súa nulidade.

Ante este atropelo de Audasa aos usuarios co beneplácito dun convenio  escuro co goberno, apoiamos que se apliquen todos os descontos e bonificacións necesarias meentras este abuso tan grave non poida ser tratado nos tribunais.

————————————-                           ————————————-

Quedáronme pendentes antes os dous últimos puntos do acordo. Puntos nos que o noso posicionamiento con respecto a eles quedou xa claro no pleno do pasado xoves día 5. Apoiamos as reclamacións do borrador do estatuto das empresas electrointensivas para rebaixar o prezo da electricidade e que a nosa industria poida competir en igualdade de condicións que outros países como Alemaña ou o resto de Europa e por suposto que se adopten medidas que garantan os milleiros de empregs en risco na nosa conunidade.

Sobre o último punto do acordo, sobre a devolución do IVE, dixemos no seu día nunha moción que nos presentamos, na mesma liña tamén o PP… nesa ocaisón acusamos ao Gobierno central de estar practicando unha «apropiación indebida» para «chantaxear» a os demáis partidos coa fin de sacar adiante os sus presupuestos. 

Agora, onte mesmo, chama a atención un dos anuncios de Sánchez, dentro do paquete de medidas por mor do coronavirus, os 2.800 millóns de euros que acordou transferir á comunidades autónomas para que destinen máis recursos a Sanidade. Trátase en realidade dun adianto dos anticipos a conta que reciben mensualmente as autonomías, tal e como establece o sistema de financiación autonómica. Ou o que ven sendo o mesmo,  son os cartos que lle corresponde a cada comunidade, non se trata de ningun diñeiro extra. 

Non podemos perdonar eses 2.500 millóns pola liquidación de decembro de 2017. O Ministerio de Facenda ten que devolvernos os cartos, non podemos permitir o que consideramos un grave incumprimento  do sistema de financiación das autonomías

Reiteramos pois o noso apoio a este acordo para que lle dea traslado ao Goberno de España. A nosa cidade o merece. 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: