Entrevista en 21 Noticias. Gracias también a los periodistas por su labor en esta cuarentena

Os comparto aquí la entrevista que me ha hecho mi querido Manuel para 21 Noticias. Gracias a todos los periodistas por mantenernos informados en estos tiempos tan difíciles.

El enlace, pinchando 👉aquí.

21 Noticias

Entrevista a Mónica Martínez. “Unha boa concelleir@ non fai moito uso do despacho”

21 Noticias

Manuel Fernández García

Fai case un ano, cando estaba a piques de comezar a lexislatura da socialista Inés Rey na cidade da Coruña, falabamos coa concelleira que representa a Cs, Mónica Martínez Lema, hoxe imos facelo de novo xa que tivo moito protagonismo nestes últimos días presentando mocións instando ao concello a tomar unha serie de medidas e que obtiveron unha resposta positiva por parte do goberno municipal.

Mónica, como leva o día a día nesta corentena?
Pois lévoo traballando a tope, porque sigo ao pé da letra o consello que me deu o secretario do concello ao chegar, Don Manuel, a quen por certo lle teño moita admiración. Díxome que un bo concelleiro non fai moito uso do despacho, un bo concelleiro está na rúa…agora na rúa non podemos estar, pero si escoitando e apoiando aos veciños. Axudando, apoiando e colaborando con todo o que se poida.

O que si lévoo con moita preocupación, con moita precaución e moitísima impotencia por non poder facer mais para saír canto antes desta situación pero tamén con moito ánimo… non podemos deixar que decaia, porque debemos estar o mais fortes posible cando voltemos á normalidade..ou ao que nos quede que sexa a normalidade, porque realmente creo que teremos que axustarnos a unha nova realidade, teremos que cambiar moitas costumes… co estado de alarma o coronavirus non se acabará de inmediato, a nosa vida normal tardará en volver, e por iso debemos estar fortes e conscientes desa nova realidade ata que sexa cando sexa recuperemos o que antes coñecíamos como normal.

Cre que se tardou en actuar por parte do Goberno do Estado?
Créoo eu e todo o país…o 24 de xaneiro China decreta a maior corentena da historia, o mundo empeza a darse conta da magnitude e Fernando Simón non entende o impacto mediático no noso país. O 30 de xaneiro a OMS declara a emerxencia de saude pública polo coronavirus e un dia despois Fernando Simón di que cree que en España non vai haber moitos casos diagnosticados.

Este goberno non fixo caso ás recomendacións do 2 de marzo da OMS de evitar aglomeracións e o que é peor o Goberno non atendeu as advertencias do 3 de febreiro da OMS e da UE para facer acopio de material sanitario durante os primeros compases da expansión do coroavirus…E o Ministerio de Sanidade tampouco viu necesaria a “ventá de oportunidade” da que avisaba o 11 de febreiro a OMS para comprar un remanente de equipamento —mascarillas, lubas, gafas protectoras, respiradores, batas cirúrxicas ou camas, entroutros— que lle permitira afrontar un posible contaxio masivo que se fixo realidade tan só 4 semanas despois e que nos ten con 13.000 sanitarios infectados.

Con estes datos, creo efectivamente que o Goberno tardou en actuar.

-Que lle parece a xestión que está facendo en canto aos autónomos?
Improvisación absoluta, non se pode castigar deste xeito a este colectivo tan fundamental na economía do noso país. As medidas adoitadas crean moita confusión e non cubren en absoluto a dramática situación na que xa se encontran os autónomos. Desde Cs imos a seguir insistindo ao Goberno en que, se os autónomos non poden traballar nen ingresar nada, tampouco se lles debe obrigar a pagar impostos ou cotas. Se hai que conxelar a actividade de autónomos e pymes, hai que conxelar tamén o pago dos seus impostos. Cremos que é necesario reducir a unha caída do 30% na facturación e non o 75% para poder optar as axudas, por exemplo.
Creo que o Goberno está optando por uns plans moi populistas, moi ideolóxicos e que teñen moi pouco sentido do que realmente lle fai falla á economía española que é conseguir que as nosas empresas e os nosos autónomos, e os nosos traballadores, pasen este bache sen derrubarse.

Debe ser isto un punto de inflexión?
Non debe, sen dúbida vaino a ser. A globalizacion é clave, imos a viaxar menos, o turismo vai cambiar, o papel do Estado vai cambiar…a privacidade…teremos que usar máis a tecnoloxía, como estamos facendo agora… e estaremos máis controlados, pero farémolo a cambio da seguridade pola saúde.
A situación vai cambiar por completo, a nosa vida xa non vai ser igual…España ten unha estructura económica que está moi basada no turismo, na hostelería, en saír á rua e estar con outras persoas e ninguén vai querer ir a un país a facer turismo se o virus non está eliminado. Hai que conseguir acabar coa pandemia e despois moverse a seguinte fase.

Cre que o concello está xestionando ben o tema do coroavirus ?

O balance que facemos das medidas tomadas ata agora é positivo, cremos que o goberno está actuando con moita sensatez. Sen dúbida ata agora a prioridade é a emerxencia sanitaria e sen dúbida, a maior carga de traballo e responsabilidade nesta crise estás levando a Concellería de Benestar Social onde creo que o departamento de Yoya Neira está traballando de maneira impecable.

Agora ben, hai que pensar no que nos vén, no que xa temos enrriba a nivel crise económica.
Especial preocupación prodúceme a situación dos autónomos, do pequeno comercio, dos hosteleiros das pequenas empresas. Creo que a nivel nacional o Estado estáos maltratando e actuando con improvisación. Por iso creo que dende o Concello deberíamos empezar xa a traballar da súa man para poder coñecer de cerca a súa situación e as súas necesidades e a partir de aí traballar en medidas que axuden á reactivación económica. Certo é que valoro de maneira positiva a actitude precavida do noso goberno municipal cos que está aplicando as medidas, á espera de analizar en profundidade as medidas de Estado e a nivel autonómico para non precipitarse e confundir aínda mais. Creo que estaría ben establecer unha ventanilla única para dar soporte e resolver as dúbidas aos comerciantes, restauradores, PYMES e autónomos afectados pola crise do COVID-19.

Deberá o concello seguir habilitando mais prazas de aparcamento?
En canto a este tema creo tamén que se está actuando con moita rapidez, foi o noso concello dos primeiros que anulou o cobro da ORA. Desde Cs pedimos que se facilitase parking gratis para o persoal sanitario do Chuac e a resposta foi inmediata no parking do Materno e desde hai xa uns días tamén no CHUAC. Ademais suxerimos empregar o terreo que usa o Hotel Finisterre e a Solana para que os sanitarios do Abente y Lago tivesen acceso e tamén a resposta foi inmediata.

-Vai seguir presentando nestes días algunha moción mais con respecto a esta situación?
O que estamos a facer todos os grupos é aportando propostas que o goberno está levando a cabo na súa maioría e así seguiremos ata que se retome a vida oficial e poidamos volver presentar mocións.

As competicións deportivas profesionais, considera que se deben reanudar ou dalas por finalizadas?
É unha decisión que debería tomarse entre os xogadores, clubes, federacións, incluso coa afección. Pero en calqueira caso, as que están moi avanzadas poderíanse acabar, pero a porta pechada.

Por último, que mensaxe lle manda aos cidadáns e en especial ao persoal sanitario?

A mensaxe é de ánimo e de moita forza para seguir sendo responsables como ata o de agora, axudando a axudar. E unha mensaxe tamén de gratitude, grazas, grazas e grazas a todas as persoas que teñen que traballar para coidar de nós, e como ben dis, en especial ao persoal sanitario. Emociónome cada tarde cando saímos ás ventás a aplaudir a aqueles que con tanta valentía se enfrentan á pandemia. E gustaríame acabar cunha reflexión, gustaríame pensar que cando isto acabe sigamos tendo a mesma gratitude e plantexarnos por exemplo si acudiremos a urxencias por calquera pequena cousa, ou si seguiremos pasando da responsabilidade persoal no coidado da nosa saúde, coidándonos levando bos hábitos de vida.
Axudemos a axudar, coidemos aos que nos coidan.

Por favor, introduce una respuesta en

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: