Y volvimos al Salón de Plenos justo cuando se cumplían dos meses del decreto del Estado de Alarma. Antes de empezar a debatir los asuntos correspondientes a la orden del día, estas fueron mis primeras palabras, de pésame a las familias de las víctimas del Covid-19 y de agradacemiento a todas las personas que han trabajado sin descanso en estos dos meses de confinamiento.
«Moi bos días a todos os presentes neste salón de plenos ao que realmente emociona volver, bos días a todos os compañeiros que seguen o pleno dende casa e a todas as persoas que nos sguen a través de internet.
As miñas primeiras palabras serán de condolencia, en lembranza das máis de 27.000 vítimas, segundo Sanidade, 601 en Galicia, 163 na Coruña. que se leva cobrado este virus. Palabras de pésame as familias que tiveron que pasar por perder aos seus seres queridos sen poder acompañalos e mesmo sen poder recibir consuelo. Palabras de ánimo as persoas que agora mesmo pelexan contra o virus.
Tamén por suposto palabras de recoñecemento e homenaxe aos que estes días elevamos a consideración de heroes, aos traballadores esenciais (limpeza, distribución, sector alimentario, seguridade….) e sobre todo aos traballadores sanitarios, moi ben comandados aquí polo seu equipo directivo. Ogallá sexamos capaces de manter esta consideración e non esquecernos do importante e fundamental da súa labor.
Ninguén dos que estamos aquí podíamos imaxinar o que estamos a vivir..tocoulles a vostedes como goberno, tocounos a nós como parte da coproración, lidiar cunha situación inédita na que nin aos que máis saben, aos avós, lles podemos pedir consellos, porque nin eles mesmos recordan semellante crise.
Por todo o que estamos pasando quero facer tamén un recoñecemento ao noso goberno…porque mentras o seu partido desfacía e desfai o pais entre improvisación e improvisación, aquí puxeronse a traballar con coherencia, en maior medida.
Especial agradecemento a señora Neira e o seu equipo, prácticamente impecable, sabemos que non chegan a todo, pero fixeron e fan por chegar. Foron días, horas, minutos sin descanso, sin dormir, (con todo lo que iso conleva) constame a preocupación e Ocupación de todos para buscar a mellor solución, ou a lo menos unha solución. Ao señor Lage e ao equipo económico, aínda que botamos de menos máis axilidade, si é de ben recoñecer o esforzo que están a facer para que entre todos poidamos chegar a materializar un plan de reactivación social e económica que tan necesario se presenta.
E por suposto, recoñecemento para esta oposición (si eu estivese no seu lugar, estaría orgullosa da nosa atitude… salvo algún roce que neste primeiro asunto no que xa se vai deixar constancia, creo que estivemos á altura das circunstancias…a lo menos desde este grupo sentimos orgullosos de ser ciudadáns desta Coruña,
desta cidade que demostrou nestes días efectividade dando ou inetando dar respostas a cada problema que se presentaba, nalgúns casos creo que estivemos lentos pero certo é que ninguén estaba preparado para isto.
E dentro dos que conformamos a oposición permitanme agradecer especialmente a atitude do señor Jorquera. Grazas, obrigado…porque en cada conato de incendio sempre está para calmar, con serenidade e coherencia.
E por último, extendo o meu agradecemento aos traballadores do concello que dende casa demostraron a sua capacidade e axilidade a pesares de que é evidente que necesitamos traballar mais na dixitalizacion desta adiministracion.
A este apartado deberíamos destinar recursos sen dúbida…
Deixo para segunda quenda a valoración do modificativo…»