El asunto 5 del Pleno tenía por objeto aprobar el nuevo reglamento de las Escuelas Infantiles Municipales, un reglamento que permetirá que las escuelas infantiles sean gratuitas para todos los residentes en el municipio pero con un condicionante, la lengua vehicular ha de ser el gallego. La postura de Ciudadanos al respecto es muy clara. Obviamente estamos a favor de la gratuidad pero no entendemos que tenga que ser a costa de saltarse una ley autonómica.
Así hemos defendido nuestra abstención en el Plano:
«Di o documento fundacional de Ciudadanos en 2006: “Os territorios carecen de dereitos, só teñen dereitos as persoas”. Dende entón Cs defende un proxecto baseado nas liberdades e nos dereitos das persoas por enriba das identidades excluíntes.
A educación, nese sentido, é a gran revolución pendente e é a mellor inversión de futuro; pero educación de calidade baseada na excelencia, que
promova o talento, que non discrimine nin deixe a ninguén atrás, que fomente a convivencia e o respeto á diversidade, que no sexa utilizada para a imposición ideolóxica nin para a construcción identitaria nacionalista. Só cunha educación de calidade, pode garantizar a igualdade de oportunidades. Os nosos fillos son o noso futuro e o noso mellor activo ten que ser o capital humano.
E por iso que lamentamos sinceiramente que o goberno do PSOE utilice e condicione a gratuidade educativa ao uso do galego como lingua vehicular.
Analizando a proposta que se trae hoxe a pleno vemos que esta aprobación do novo regulamento de Organización e funcionamento da Rede de Escolas Infantis Municipais na Coruña presenta dous cambios con respecto ao regulamento anterior de 2014 :
- A gratuidade do servizo a todos os residentes no municipio (antes era a partir del 2º fillo matriculado)
- A variación do artígo 20 relativo á lingua e donde agora se sinala que a lingua vehicular da REIM será a lingua galega.
Como non pode ser doutra maneira, no punto 1 estamos dacuerdo, de feito a gratuidade das escolas infantís é unha loita de Ciudadanos dende Abril de 2019 que presentamos no noso programa electoral e que defendimos desde entón.
O problema é que a conta da gratuidade, o goberno municipal inclúe un cambio na lingua vehicular, non limitándose a reproducir o contenido do artígo 13 do Decreto 330/2009 de 4 de Juño polo que se establece currículo da educación infantil en Galicia.
No informe da Xefa da Asesoría Xurídica do Concello onde di que, ainda que a regulación contida no artigo 20 non coincide coa de dous Decretos autonómicos, explica que “tampouco se pode entender que sexa contraria”.
Ningún concello pode aprobar normativas que contraveñan unha lexislación de rango superior como ben aclara o secretario do concello no seu informe.
Hai asociacións que xa anunciaron que se se aproba o regulamento tal e como figura, procederán xudicialmente contra o mesmo, e o estraño é que sabendo que terán que rectificar continúen adiante como nos comunicaron na Comisión informativa.
Xa sucedeu que por este mesmo motivo, produciuse unha sentenza por parte do Tribunal Supremo onde non prosperou unha modificación da Ordenanza do Concello de Lugo nesta liña.
——————–
Queremos deixar claro que » Cs non se abstén no voto á gratuidade das escolas infantís», se non ao condicionante irregular que engaden en relación ao galego como lingua vehicular, abstémonos porque hai unha lei, unha lei que hai que cumprir e vostedes sábeno, unha Lei no relativo á lingua materna que contempla o Decreto autonómico, como ben explica e redacta o PP na emenda que presenta, unha lei coa que estamos totalmente de acordo.
Á parte dos condicionantes legais, este regulamento non é imparcial cos nenos, a mensaxe que envía é: “se queres ir a unha escola infantil gratuíta, estas obrigado a que a lingua vehicular sexa unha exclusivamente, non a lingua materna que por dereito contempla normativa en Galicia.
Non é xusto, que se queres facer prevalecer os teus dereitos, non poidas optar a unha escola gratuíta. Esta presión sobre os usuarios ten un nome moi feo que non imos dicir.
Lamentamos sinceramente que o goberno do PSOE utilice e condicione a gratuidade educativa ao uso do galego como lingua vehicular».