Un paso más para la construcción de la residencia de abuelos que financiará la Fundación Amancio Ortega

El segundo asunto a debatir en el Pleno ordinario de mayo era el cambio de uso de la parcela de Eirís en la que se va a construir, gracias a la Fundación Amancio Ortega, una residencia de abuelos. Nuestro voto aquí también fue favorable.

Así lo hemos defendido:

“Desde xa, amosamos a nosa intención de votar a favor porque consideramos que son precisamente, razóns de interese xeral, as que xustifican que no suposto dos equipamentos públicos se estableza este procedemento excepcional de modificación do planeamento, que aquí se propón, para poder dar unha resposta rápida ás necesidades dotacionais reais da poboación, que poden ser cambiantes no tempo, e que abofé que agora son moi necesarias, sen ter que acudir a un custoso procedemento de modificación do planeamento; custoso tanto dende un punto de vista temporal polos inexcusables prazos procedimentais, como no que se refire ás necesidades de medios técnicos, materiais ou persoais, entroutros, tal e como indica a porposta da consellería de política social.

A tal efecto, este pleno pode acrodar o cambio de uso dos terreos reservados para equipamentos públicos, por outro uso dotacional público distinto, sempre que se manteña a titularidade pública. 

Neste caso, se ben o PXOM califica a parcela como equipamento docente de titularidade privada, o certo é que na práctica prodúcese a ese respecto un cambio substancial da situación pola  adquisición de dita parcela por parte da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, formalizada mediante escritura pública de compravenda o 11 de outubro de 2019.

E tal e como indica o secretario no seu informe atópase debidamente xustificado este cambio.

Por iso nos votaremos a favor, e agradecemos a disposición do goberno local a favorecer o entendemento coa Xunta para acadar algo que sen dúbida beneficiará aos coruñeses.

Agora ben, gustaríame resaltar neste asunto o feito de que sexa a Fundación Amancio Ortega  a que aporte a maior inversión neste asunto. Xa o comentamos no seu día, cando se trouxeron a este pleno as inversións nesta cidade nos presupostos da Xunta, que chamaba a atención que a maior inversión da Xunta nesta cidade, 15 millóns de euros, sexa da man da Fundación Ortega…en calquera caso, evientemente, benvida sexa coma tantas outras donacións que ten feito nesta cidade para sanidade, para benestar social, en escolas infantis, e tantas outras que non se fan públicas.

A nova residencia ofrecerá 150 plazas públicas para maiores e 140 novos postos de traballo. Sen dúbida unha boa nova. 

Agardemos que para que cando esta nova residencia estea construida xa se teña ben claro como hai que proceder e actuar mas residencias de maiores..que teñamos aprendido da traxedia que supuxo o Covid. O risco non pasou en absoluto, seguimos nunha situación moi grave, con mortes que non podemos normalizar nin asumir como algo habitual. 

Hai que extremar as medidas de seguridade nas residencias de maiores, hai que garantir a adecuada protección da saúde das personas mayores residentes neste tipo de centros”.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .