Orgullo de corporación, todos de acuerdo para aprobar el plan de reactivación económica y social de la ciudad

Lo hemos conseguido y una vez más repito lo orgullosa que estoy de formar parte de esta corporación municipal que ha sabido ponerse de acuerdo para sacar adelante un plan que tanta falta le hace a la ciudad. Lo que surge de una situación excepcional no debería ser, sin embargo, lo excepcional en política. Ojalá seamos capaces de mantener este espíritu. La ciudad nos necesita.

Esta ha sido mi doble intervención en el Pleno Extraordinario en el que los cinco grupos municipales hemos aprobado el modificativo de los presupuestos para poder dotar de recursos económicos al Plan de Reactivación Eccnómica y Social de la ciudad:

Moitas grazas señora alcaldesa. Moi bos días a todos, quixera empezar a miña intervención dando a noraboa a esta cidade polo 35 aniversario da Casa das Ciencias. Un día como hoxe hai 35 anos se inauguraba por todo o alto un dos museos máis importantes, cos 4 millóns de visitas acadados o ano pasado, da cidade, de Galicia e mesmo me atrevería a dicir que de España e que nestes tempos de pandemia cobra tanta importancia.

Esta crise que estamos vivindo estanos a dicir que a ciencia e a investigación son un piar básico, fundamental, desta sociedade. Aínda que agora esté posta toda a atención no coronavirus, non podemos esquecernos de que aínda hai moitas enfermidades que non teñen cura. Necesitamos da investigación, necesitamos da ciencia…demos conta dela porque apostar pola investigación, pola ciencia, é apostar polo futuro. Un dato a mellorar: Galicia so aporta o 0,9 % del PIB— a I+D+i

Un bo agasallo por este aniversario podería ser unha exposición adicada a experiencia que como individuos e como sociedade estamos afrontando durante esta crise, e na que non podería faltar os aplausos que adicamos tantos días dando forma a un agradecemento que debemos seguir mantendo con toda a axuda que poidamos proporcionar.

Este 2020 non pode ser o ano no que todo acabe, debe ser o ano no que moitas persoas van ter a oportunidade de volver empezar. É agora cuando debemos poñer todo o talento, odo o potencial, que tenemos nesta cidade e a todas as empresas que o forman no centro da reconstrucción.

Todo isto que nos está a acontecer debe ser un punto de inflexión na nosa historia para darnos conta da necesidade dunha visión de futuro que nos una a todos, a TODOS, enchéndonos de enerxía e de ilusión. Se o gran enimigo que temos é esta dura pandemia, non hai tiempo para que nós, como representantes institucionais desta cidade, nos dividamos en bandos, deixando a un lado o verdadeiramente importante: o noso futuro. So xuntos, xogando en equipo, seremos mellores. Dicía na rolda de prensa da presentación do PRESCO o pasado venres e repito aquí hoxe:

Os políticos temos que estar por riba dunhas siglas. Temos que solucionar problemas, non crealos. Neste momento temos que estar ao servizo da cidade e creo, de verdade, que estamos sendo un exemplo da verdadeira política, construir para os cidadáns.

O espirito de unión amosado durante a presentación do PRESCO é máis necesario ca nunca vendo a dinámica de bronca instalada a nivel nacional, unha dinámica que provoca que os cidadáns rexeiten a política porque ve que é todo bronca é insulto, con intención de crispar e de dividir…política que non nos vai sacar adiante, por iso hai que fuxir dela, por iso é tan necesaria a moderación e o entendemento. Por iso estou tan orgullosa do cque onseguiu a corporación desta cidade grazas a un goberno xeneroso e unha oposición honrada que soubemos estar a altura das duras circunstancias que nos están tocando vivir e como xa dixemos en moitas ocasións, para as que ninguén estaba preparado…pero, de momento, temos demostrado ser capaces de dar a sensación de políticos adultos, responsables e conscientes da nosa responsabilidade.

Con este acordo facemos boa esa idea de que en toda crise as cidades son esas nais donde caen todos os problema globais…e aquí está a cidade, que aínda cos seus limitados medios locais desvivese por dar solucións a problemas que requerirían de outras administracións superiores,  pero a cidade é a insitución máis cercana ao cidadán e son as políticas locais as que están demostrando a súa capacidade na mediación das necesidades sociais e económicas. Con este esforzo e resultados queda claro que as cidades como entidades deberían ter máis peso, máis participación na política nacional.

Neste pleno damos por válido este acordo, votando a favor do modificativo dos orzamentos necesario para elaborar ese plan de reactivación necesario e urxente trala crise sanitaria sufrida que xa deu paso a crise económica e social na que nos atopamos.

As previsións do PIB en Galicia non son nada alagueñas, entre xaneiro e marzo xa descendeu un 3,6% o que se traducirá sen dúbida en pérdida de emprego, pérdida que xa quedou reflectida nos datos dos meses de marzo e abril…e como xa dixen antes, as cidades, as administracións locais debemos xogar un papel fundamental, somos para os cidadáns a primeria ventana de acceso aos servizos públicos.

Os coruñeses necesitan ao concello neste momento, si temos que insistir en reclamar as outras administracións o que a elas lle corresponde, pero non por agardar podemos deixar aos nosos cidadáns por iso é tan importante o que imos aporbar hoxe neste pleno, por iso é tan importante o traballo feito estas semanas pasadas para chegar este gran pacto pola Coruña, pola reconstrucción económica e social. Un pacto cunha serie de medidas que necesitan ser dotadas de recursos económicos que se conseguen grazas a este modificativo que hoxe votamos a favor.

Aínda que non quero deixar de mencionar algunhas das advetencias que fai o interventor no seu informe, no que sinala unha serie de puntualizacións que deben de aplicarse como a necesidade de, ou ben dar de baixa de oficio créditos do  estado de gastos do orzamento de gastos  do IMCE, ou ben adoptar un acordo plenario para que sexa o  IMCE quen propoña as baixas e dar así seguridade aos 700.000 euros dados de baixa para a súa achega a este Plan.

Tamén en referencia ao Plan Económico financeiro ao que está sometido este Concello informa de que debido ao novo incumprimento da regra de gasto en 2019, a Xunta exercendo a súa competencia de seguimento, requiriu ao  Concello a tomar medidas que permitan o seu cumprimento ao peche da liquidación neste 2020.

Este  modificativo que hoxe aprobamos influirá nos resultados e confiamos en que o goberno tome esas medidas necesarias á marxe das posibles modificacións  que como consecuencia do Covid poida ter a Lei de Estabilidade orzamentaria.

Moi importante é a mención á falta de competencia local en materia de emprego, hostalería e comercio, pola que a normativa autonómica non permite novos servizos ou axudas en competencias impropias de entidades locais.

Tampouco o estima aplicable neste caso en base  a Lei 5/2014 que prevé excepcións para exercer estas competencias impropias como os servizos ou axudas por mor de acontecementos catastróficos entroutros,  entendendo ca sua finalidade e neste momento, o momento  directamente aplicado do Covid e non as consecuencias indirectas de carácter económico.

Por tanto, na súa opinión deberían ir parellas ás actuacións de emerxencia de competencia de Alcaldía.

Advirte tamén que para a correcta tramitación da Ordenanza xeral de Subvencións da área de Benestar, á marxe de ser competencias propias ou impropias, deberíase contar coa aprobación dunha Ordenanza xeral de Subvencións ou dunha específica para cada finalidade.

Por certo, non quero esquecerme de dar as grazas ao gran esforzo e traballo que nestes últimos días fixeron os técnicos do concello, ao interventor para axilizar e poder chegar apleno hoxe.

Instamos o goberno a cumprir todos estes pasos canto antes sen ningunha dúbida, pero todos sabemos que esta crise vaise prolongar no tempo, e que a superarán primeiro quen tome medidas con rapidez e quen teña feito os deberes, polo que é necesario que as Administracións tiren de todos os recursos dos que dispoñan.

É certo que se produce un caos normativo con esta pandemia e que a execución dalgúns principios xurídicos poden ser discutibles, pero é así como se xenera o  chegar a producir cambios.

Se a lexislación ten que ser un instrumento para as ideas, por mor desta crise con máis motivo.

Levaranos esta crise a un novo modelo de administración local? Pode que si, xa que os propios xuristas están en permanente contradición.

Cremos que se deben solicitar todos os informes necesarios, tanto de posibles  duplicidades como sobre a sustentabilidade financeira para exercer estas competencias, a Lei é clara nisto,  pero iso non debe frear a toma de decisións nun momento tan delicado para o conxunto dos nosos veciños.

A loita para evitar maiores danos económicos e sociais tamén hai que pelexala ante a Xunta que debe cooperar e facilitar aos Concellos prestar estes servizos durante e despois da crise mediante o exercicio de competencias impropias si fose necesario.

Todas as administracións deben colaborar tanto de forma económica como facilitando os trámites aos concellos, e todos  o debemos reivindicar.

Temos unha Cidade que levantar e nesta loita sempre me atoparán.

Agora toca non baixar o pé do acelerador, toca poñerse coas bases para que este plan se poida aplicar canto antes. Deixo para a segunda intervención a análise dalgúns dos puntos do plan.

————————————————-xxxxxx————————————————–

Axudando as familias, aos autónomos, pemes e empresas, esta gran Cidade sairá adiante. E este plan que poderemos levar a cabo grazas a este modificativo debe servir para axudar de inmediato porque xa hai moita xente nesta cidade pasandoo mal. Coincido en que tardamos máis do desexado en parilo, pero unha vez conseguido, tras este pleno non debemos perder o ritmo destes últimos días para que se poida aplicar canto antes e os coruñeses poidan acceder ás axudas.

O plan recolle case todas as aportacións que propuxemos, tamén desde este grupo, baseadas no que nos trasmiten dende a rúa. Moitas das medidas coinciden ademáis coas aportadas por diferentes colectivos, o que lle da aínda máis solvencia ao PRESCO. O importante agora é a súa posta en marcha inmediata e a súa continua revisión, todas estas axudas irán evolucionando a medida que vaian chegando a todos os que as necesiten e debemos estar atentos a que realmente funcionen. Por iso, parécenos fundamental a idea da constitución do Consello Económico e social, e tamén imprescindible a oficina Presco, para axilizar todos os trámites, para resolver calquera dúbida e que ademáis creará emprego.

Non podemos, non debemos, defraudar as expectativas xeradas con este plan nos máis afectados que recibiron a nova do consenso e do plan con moi boas palabras e moi agradecidos por este acordo.

Gustaríame destacar, dentro da parte social, ademáis do respaldo absoluto a que entidades de recoñecido prestixio e con plenas garantías, reciban axuda económica para axudar nesta tarefa, destacamos ademáis as axudas a conciliación. Unha conciliación que se fixo máis dura durante o confinamento co teletraballo. Levabamos anos falando do teletraballo e chegou da forma máis inesperada que nos  podiamos esperar, pero a verdade é que chegou é xa comprobamos nestes meses que a conciliación foi un dos maiores retos aos que nos enfrontamos. Se conciliar antes non era fácil agora foi practicamente unha misión imposible…moitos tiveron que ser pais, profesores, traballadores…todo ao mesmo tempo, tamén ao cargo de maiores ou persoas dependentes. Por iso parécenos tan importante as axudas para a canguraxe e para atención de maiores.

En canto as liñas estructuradas dentro das medidas económicas dirixidas aos colectivos afectados polo cese da actividade económica (autónomos, micropemes, comercio, hostelería e industria cultural) agardemos que sexan todo o efectivas que necesiten os afectados. En calquera caso, como dicía, de nos depende estar atentos a como se vai desenvolvendo esta incerta situación e seren capaces de reaccionar para adaptarnos as necesidades.

Todos xuntos temos que traballar para sair desta, é a nosa responsabilidade, é a nosa cidade. Nas situacións complicadas, hai dous tipos de persoas, as que xeneran ideas e accions conxuntas para levalas adiante e as que non, á marxe de ideoloxías, se non se pode axudar, alomenos que non se moleste. Sexamos un exemplo de moderación e de execución.

Dende o principio tomaronse as primeiras medidas coma o novo calendario fiscal en relación aos prazos de pagamento, o control dos empregos que xeneran as concesions municipais e o facilitamento de prazas de aparcamento e suspensión da ORA.

Este Plan culmina de maneira moito mas ambiciosa cubrindo as necesides sociais, estimulando con bonos e promocions ao Comercio e a hostelería, con axudas dirixidas a amortiguar os pagos das cuotas de seguridade social aos autonomos que tan inxustamente aboarón ata o de agora, axudas para os alquileres xa que se viron forzados a ter o seus negocios pechados sin xerar ningun tipo de ingreso, axudas para adaptar os seus establecementos as novas medidas de distanciamento entre os clientes, axudas para os xuros xerados por verse obrigados a pedir créditos, axudas a evolución tecnoloxica sin ter que prescindir do calor que sempre terán as nosas tendas tradicionais, axudas en formación para que eles sexan os seus mellores técnicos para si mesmos e adquirir a destreza necesaria pra ser autosuficientes, e  axudas para que lles resulte mais doado contratar e así crear emprego na cidade.

Ademais, tamén hai cartos para modernizar tecnoloxicamente o Concello, o que facilitará os pesados tramites a os cidadans e os empresarios, que teñen que empregar ata o ultimo minuto do seu valioso tempo en traballar para crecer non para andar con papeis de aqui para ala. Si eles crecen, os coruñeses e a cidade tamen, todo vai da man.

Non olvidamos facilitarlles material de prevención, nin tampouco axilizar as licenzas de obras, e por suposto a importancia do Impulso á inversión a través da contratación pública, nomeadamente en obras e equipamentos, rehabilitación e mellora dos espazos públicos.

Pode que ainda quede cuestions por diante, pero pra iso estamos aqui, vostedes cidadans quixeron poñernos aqui, e imolo facer, imos facer o necesario para que a xestión neste mandato faga sentirnos a todos orgullosos do traballo en María Pita.

Moitas grazas.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: