Debate da moción da Marea en defensa dos traballadores de Alu Ibérica

ALU Ibérica e o proceso da súa venda ao Grupo Industrial Riesgo, debe esclarecerse porque  como  dixemos no último Pleno, a función de supervisión e control que debía ser desenvolta polo Ministerio de Industria, foi moi deficiente,  unha decisión do ministerio de industria, a cal lle responsabiliza do cumprimento do pacto para a venda.

Lembramos tamén que o grupo Riesgo se presentou ao proceso de venda inicialmente e foi descartado case desde o primeiro momento,  e non é crible que esta venda se prodúza sen o coñecemento do Ministerio.

Por outra banda onte mesmo a  dirección de  Alu Ibérica acusou a Alcoa de incumprir  o acordo asinado con  Parter Capital para a adquisición das plantas da Coruña e Avilés, porque a multinacional estadounidense non fixo os pagos acordados desde fai máis dun mes.

Mentres  o  Grupo Industrial Riesgo di que esperou ata o último momento para que Alcoa cumprise os acordos pero que ao non obter resposta dos xestores anteriores, procedeu ao pago, por segunda vez, das nóminas de todos os traballadores. 

Se este Grupo xa se atopa en contacto coas autoridades competentes para presentar un plan industrial, como aseguran nun comunicado, e que  ademas están a animar aos traballadores de ambalas plantas para sumarse a comisións industriais que darán comezo nos próximos días, din… para as actividades que se van a desenvolver nas fábricas…….pero non é o que  estan vivindo os traballadores  aqui, apoiamos esixir  que o Ministerio que  o supervise e informe ao Comité de empresa e dea confianza aos traballadores, que non volva suceder o mesmo que co Pacto de venda.

O Grupo di tamén que vai empezar  a reconversión da actividade dentro das plantas, empezando por procesos  básicos  para alcanzar obxectivos a longo prazo marcados pola compañía…..  Son moitos anuncios sen ningunha base firme que o faga crible, a  nova directiva asegura que segue no terreo traballando e investindo en melloras e, que o pasado mércores 27 de maio, técnicos e responsables da fábrica de  Alu Ibérica A Coruña desprazáronse ata Bilbao para visitar a fábrica de  Intersec e valorar a compra dun  deslacador e un forno  vórtex.

Outro anuncio de  Alu Ibérica foi  o que chaman potenciación dun comité de expertos formado por directivos internacionais que xa traballan  no desenvolvemento dun plan de reconstrución para as fábricas, coa intención de presentalo ás autoridades nacionais, asturianas e galegas.

Todos estes anuncios deben ser confirmalos polo  Ministerio e pola Xunta que ten en Galicia as competencias en materia industrial e de emprego, coa  supervisión e ofrecendo  garantías aos traballadores, e desde o Ministerio mediante a Mesa técnica de Industria anunciada para o dia 9 grazas a  o Comite e a os traballadores.

Votaremos a favor 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: