Facilidades para los hosteleros con el uso de las terrazas

Así hemos debatido la moción presentada por el Partido Popular para dar facilidades a los hosteleros en estos tiempos con el uso de las terrazas:

Partindo da base de que concordamos co obxectivo desta moción, queremos que quede claro que baixo ningún concepto debemos permitir que se imposibilite ou dificulte a mobilidade dos veciños, nin por suposto que se repitan os comportamentos dos primeiros días nos que puidemos gozar das terrazas.

Recordemos que antes desta pandemia as imaxes de moitas terrazas desta cidade non eran dende logo un exemplo de comodidade para a xente que vai camiñando e peor aínda para as persoas de mobilidade reducida ou carriños de bebés. O que provoca que haxa moitas voces  que acaben case criminalizando ás terrazas.

E o certo, o enorme problema, é que toda a hostelaría está moi tocada e debemos ser nos os que decidamos cómo de imporantes son os hostaleiros para nós, tamén para o goberno autonómico e por suposto para o estado, cada un desde as suas competencias, debemos entender que a hostelería é un sector estratéxico, cunhas particularidades moi definidas e da que depende moita xente.

O emprego mellorará seguro cando se recupere o consumo. Esta cidade é unha cidade chea de vida á que lle gusta moito a rúa. Non necesitamos excusas para sair. E unha vez fora, todo o mundo se beneficia: comercio, hostalería, cultura…temos que dar facilidades. 

Debemos transmitir que non se teña medo a sair e consumir nos nosos bares e restaurantes, sempre por suposto tomando as medidas de seguridade necesarias, por iso tamén debemos pedir responsabilidade e no caso de non habela, actuar en consecuencia. Agora que a situación está máis controlada, non debemos ter medo a facer unha vida case normal pero entre todos temos que contribuir para non desfacer o conseguido ata o dagora.

Abrir cun aforo reducido complica moito a viabilidade dun local. De feito hai moitos locais que non abriron aínda e outros que non o fixeron desde que se puido porque por poñer un exemplo dun hostaleiro de Matogrande, cada día co local aberto suponlle 1500 euros de gasto, imposibles de amortizar si so pode dispoñer dunhas poucas mesas na terraza. 

Parécenos pois axeitado, que de maneira temporal, por suposto que estén exentos das taxas e tamén que se lles permita amplialo espazo, como dixen antes, sempre mantendo o absoluto respeto cos veciños e sempre garantindo as medidas de protección da súde que establezan as autoridades sanitarias.

Por suposto votamos a favor desta moción que ten os seguintes acordos:

A Corporación Municipal da Coruña en Pleno acorda instar ao Goberno municipal a: 

1.-Modificar os espazos públicos dispoñibles que permitan incrementar o número de terrazas dos establecementos de hostaleria e resolver as solicitudes de permiso coa máxima celeridade posible. 

2.-Modificar a ordenanza fiscal reguladora das terrazas establecendo a exención excepcional do cumprimento da obriga tributaria derivada da aproveitamento e ocupación da via pública aos establecementos hostaleiros durante todo este ano 2020 por motivo da pandemia do covid-19. 

3.-Permitir, como propón ACOCEM, que os locais de hostalería que non dispoñan de terraza ou non a poidan ampliar poidan instalar, previa solicitude, pequenos ambigús nos espazos libres nos seus barrios co fin de axudar no retorno á actividade, de forma temporal, adaptándose á realidade de cada zona e sen que vaia en detrimento do espazo para mobilidade peonil e accesibilidade. 

4.-Permitir que, en horarios diúrnos concretos de fin de semana, poidanse pechar ao tráfico determinadas rúas, de xeito alterno segundo os barrios, para o seu uso para o lecer e que os negocios de hostalería poidan instalar terrazas.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: