Mi útlima intervención en el pleno de junio fue para preguntar por el estado de las negociaciones con Volotea y con Vueling. Es fundamental mantener las relaciones con las aerolíneas para que no abandonen Alvedro.
¿Se tiveron recentemente ou se están tendo contactos coas diferentes aeroliñas para que sigan medrando e aseguren a súa continuidade en Alvedro?
É urxente darlle saída aos convenios e cumprir o pactado…pagouselle a volotea?…canto lle debemos? se non pagamos vanse ir…
Os feitos están aí, volotea non apostou por nós este verán podendo facelo, estamos fora do seu plan e da súa programación do próximo verán. Non quere dicir que se vain a ir, pero o risco existe. Hai uns días a aeroliña cargou a programación para o verán do 2021 e o aeroporto da Coruña non está nesa programación, están a maioría de rutas pero nos estamos sen vos con volotea. Quizáis máis grave aínda sexa que tampouco está cargada a temporada de inverno deste ano 2020. ¿Terá algo que ver que non estean cargados os vos en que o concello non cumplira coa sua parte?
O que limos a semana pasada en prensa é simplemente volotea empezaba a operar os vos que xa tiñan acordados, os vos que xa estaban cargados, pero a realidade é como dicía xa están programando no resto de aeroportos e aalvedro non aparece no seu plan.
¿Temos que entender que se van ir para Santiago? ¿por qué non fructifican as conversas?
Urxe que se poñan as pilas…por que non fan como o resto de concellos que van sacando xa os convenios?
É vueling…pedir agora un segundo avión basado é utópico…con vueling urxe estar enriba deles, conversas e mais conversas, saber cales son os seus plans, cales son as suas previsións para coruña, cales son as suas necesidades sabémolo? Un bo exemplo de xestión é por exemplo Asturias, alí as conversas son continuas con vueling. Non se pode esperar a que venza o convenio, ten que ser un traballo continuo, un traballo de fondo.
O certo é que a situación que nos encontramos agora é moi complicada, agravada pola pnademia e todas as restriccións de mobilidade que conleva e cun concello que non da sacado adiante os convenios coas aeroliñas…co agravante de que Santiago fará toda a forza necesaria co gallo do Xacobeo. ¿Por qué as aeroliñas apostarán por Coruña tendo máis apoios en santiago a tan so 60 kilómetros?
Creo que unha boa idea para que as relacións fosen máis fluidas aquí nesta cidade podería ser que o consorcio de turismo, que permanece independentemente do goberno que estea, se faga cargo destas cuestións, da relación continua coas aeroliñas. Ou mesmo unha entidade alternativa ou apoiandose na Cámara de Comercio. Que despois sexan vostedes os que entren no tema económico, pero as relacións deberían levarse a través do consorcio. É unha idea que podería facilitar o sempre complicada negociación coas aeroliñas. Como presidente do consorcio pode valoralo…
Moitas grazas.