Necesitamos un Plan Deportivo municipal

Grazas Señor García por presentar esta moción que por suposto imos apoiar porque non podo estar máis dacordo co que vostedes solicitan. 

O pasado 15 de abril a Xunta de Goberno aprobou a convocatoria de subvencións de concurrencia competitiva dirixida a entidades deportivas sen ánimo de lucro e a entidades sociais para a realización de actividades físicas e deportivas a realizar neste 2020 e fixoo nunha xunta de goberno urxente e extraordinaria, cando levabamos confinados un mes… e no medio dunha incertidume na que aínda seguimos, de feito seguimos en Estado de Alarma. 

Unha convocatoria, cunhas bases nada adaptadas á realidade que estamos vivindo. Estamos no mes de xuño e aínda non sabemos que imos poder facer nas vindeiras semanas, de feito imolo sabendo a contagotas, como por exemplo que as instalacións urbanas ao aire libre deben permanecer pechadas polo menos ata que finalice a Fase 3. O que quero dicir con isto é que a incertidume é tal que non semella moi urxente sacar unha convocatoria cunhas bases que non saberemos se se poden cumprir ou non, cando as entidades están afogadas porque aínda non recibiron os cartos de 2019. ¿Non sería moito máis urxente acelerar ese pago do ano pasado? 

Unha convocatoria á que, por certo, xa se pode acceder desde este luns e ata o día 20, aínda que sabemos  que todos os pl¡razos por decreto no contan nesta situacion de alarma, e qué memoria van presentar se non sabemos qué instalaciones se van a poder usar ou qué número de personas se poderán acoller?…en fin, que se podería entender como un guiño as entidades pero o xeito no que están establecidas as bases e dadas as circunstancias, repito, de tanta incertidume fai que sexa peor o remedio que a enfermidade. 

En calquera caso, claro que é moi necesario, xa o era antes, un plan deportivo municipal, agora aínda é máis urxente, elaborado en base a un estudo da situación actual, un estudo como ben di a moción sobre a afectación en todos os niveis do deporte (alta competición, base, fomento da actividade, deportistas individuais, instalacións deportivas…).

Levamos un ano de mandato e aínda non hai visos do prometido consello municiapl de deportes ou dun plan estratéxico tan necesario nunha cidade con tantisimas licencias deportivas e na que nin siquera se foi capaz de fixar uns criterios para poder ofrecer aos clubs coruñeses un reparto xusto das instalacións deportivas.

Así que sí a ese plan deportivo municipal e por suposto, sen ter pagado aínda os convenios do 2019 é coherente que se exima da taxa por uso das instalacións deportivas ás asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro.

Os acordos desta moción do PP son os seguintes:

A Corporación Municipal da Coruña en Pleno acorda instar ao Goberno municipal a: 

1.- Elaborar un novo Plan Deportivo municipal, con novas accións e medidas ante o futuro que se presenta debido aos cambios causados pola situación actual, e que inclúa un estudo sobre a afectación en todos os niveis do deporte (alta competición, base, fomento da actividade, deportistas individuais, instalacións deportivas etc). 

2.-Eximir do pago da taxa por uso de instalacións deportivas ás asociacións e clubes deportivos sen ánimo de lucro, para axudar así a súa recuperación con actividades de promoción deportiva e fisica.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: