Para la creación de una Mesa de la Hostelería, voto a favor de la moción del Partido Popular

Recordábannos  a pasada semana os membros de Ascega que na Coruña o sector servizos aporta o 85% do emprego privado e concretamente o 17% en actividades comerciais e o 6,6% no sector hostaleiro.  Son sen dúbida, comercio e hostalería, dous importantes activos para o desenvolvemento da cidade, polo peso económico da súa cadea de valor  e polo emprego que xeran. 

A paralización da actividade no comercio e na hostalería afecta pois a moitas familias nesta cidade e non so hai que dar resposta aos casos de urxencia, hai que planificar para estes meses que veñen para amortiguar, dentro das posibilidades, o impacto na economía local.

Os empresarios pedíannos, aos representantes da corporación que alí estivemos, un impulso potente para acender o motor da economía local tralo freazo causado pola pandemia. Recordábannos tamén que o tecido económico local xa estaba mal antes desta crise pero que a pandemia acabou de rematalos, agora a situación de moitos negocios e casi irreversible…falaban de que un tercio dos negocios locais podían non volver abrir se non contan con axuda. No que vai de ano hai na coruña 369 autónomos menos.

Sempre defendemos a importancia de escoitar aos que saben, aos que teñen experiencia, porque son eles os que nos poden dar as claves para enfocar mellor cara onde tirar á hora de buscar solucións. Por iso parécenos tan importante a creación da Mesa da Hostelería e convocar a Mesa de Comercio tal e como se propón na moción do Partido Popular para  neste caso escoitar as inquietudes, as necesidades e tamén recoller e analizar as propostas que nos poidan facer autónomos, pemes e profesionais destes sectores e desenvolver liñas de traballo en apoio da reactivación do consumo no comercio e na hostalería locais.

Trala presentación do PRESCO as reaccións destes colectivos afectados foron moi positivas, porque ven reflectido nel moitas das súas peticións, das súas necesidades. Agora, como xa dixemos reiteradamente, hai que lograr poñelo en marcha canto antes.

Consideramos que estas mesas deben traballar  na definición e deseño  das necesarias campañas promocionais, que sirvan para incentivar o consumo e a actividade das empresas da cidade e de paso para a propia imaxe da cidade da Coruña como destino competitivo e seguro. 

Estas mesas poden ser o escenario perfecto tamén para traballar nas accións formativas que se dirixan a empresas e traballadores que sirvan para mellorar a súa competitividade e a necesaria adaptación a estes tempos.

Votaremos por suposto a favor nesta moción.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: