Repsol, la refinería y su relación con la ciudad

Primer asunto del pleno ordinario de junio. Se debatía la comparecencia de la corporación en el procedimiento promovido por Repsol contra la resolución por la que se desestiman las alegaciones presentadas contra la aprobación inicial del expediente de modificación para el ejercicio 2020 de la ordenanza fiscal número 54.

Este es el texto de mi intervención:

Imos dar o noso apoio para que a Corporación compareza neste procedemento promovido por Repsol froito da desestimación das súas alegacións contra un acordo plenario que modifica a ordenanza do IAE e o anexo de vías públicas. As circunstancias xa as coñecemos de Plenos anteriores.

E aproveitando que finalmente debatimos este asunto, gustaríame facer algunha reflexión sobre Repsol, a refinería e a súa achega á cidade.

A refinería da Coruña é o segundo maior emisor contaminante de Galicia, por detrás de Endesa as Pontes, a cal se vai a pechar. 

Repsol vai instalar duas centrais de enerxía sen emisións en Bilbao, unha das maiores plantas do mundo de produción de combustibles cero emisións netas a partir de dióxido de carbono e hidróxeno verde xerado con enerxía renovable e outra planta de xeración de gas a partir de residuos urbanos.  Mentres, na Coruña, onde seguirá contaminando, cun investimento moito menor que en Bilbao, anunciou que instalará un  compresor para reducir emisións.

Coruña leva sufrindo, desde a súa construción, expropiacións inxustas denunciadas e devoltas aos seus propietarios como chan industrial, o que agora non lles vale para nada aos seus propietarios, deflagracións na planta de coque, incendios producidos por raios, e o que nos abriu os ollos a todos os coruñeses do perigo que supoñía o petróleo: O Urquiola no 76 e o Mar Exeo no 92 , algunhas das maiores traxedias petrolíferas da historia, por fin fixeron  ver ás autoridades a bomba que tiñamos na nosa cidade cunha refinería que ten a condución da súa materia prima por baixo de miles de casas, no barrio dos Castros nin se imaxinaban o perigo que tiñan baixo os seus pés, un accidente dunha desas conducións faría voar polo aire todo o barrio e Os Castros desaparecía. 

E chega a idea de construír o porto exterior que á parte de deixar unha débeda de enorme dimensión e expor serias dúbidas de operatividade, aínda enriba a quen máis beneficia é a Repsol que reclama unha indemnización para abandonar a concesión no porto interior.

Con este  supremacismo industrial xogámonos as nosas vidas e a nosa saúde, e xa é tempo que este  Concello lle plante cara a permanente conduta antisocial que con  Coruna mantivo e mantén Repsol.

A semana pasada estivemos coa  AVV de Nostián, Repsol desenténdese do mantemento das vías pero tampouco permite facer nada, utilizan as vías e non colaboran nin con beirarrúas, nin coa seguridade viaria,  nin no mantemento da contorna, prácticas abusivas durante décadas que non deberíamos seguir consentindo.

Teñen todo o noso apoio neste asunto.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: