Debemos investigar o que aconteceu nas residencias de avós para que non volva a suceder

Esta es la intervención para el debate de la moción presentada por el BNG sobre lo sucedido en las residencias de ancianos en esta pandemia.

Unha intervención máis, o apoio dunha moción comeza coa frase…Se desta pandemia aprendemos algo… neste caso unha das conclusións claras é que hai que revisar o sistema sanitario e dende logo cambiar o modelo das residencias de avós.

Outras administracións xa están traballando en mesas de expertos e sociedade civil, animamos desde aquí a que a Xunta siga o exemplo.

Creo que recurrir aos expertos, deixarse guiar por eles, é o mellor para os cidadáns.

Para a defensa desta moción, a que xa anuncio o voto favorable deste grupo por coincidir con todolos seus puntos, vou facer referencia a intervención do Doutor Rafael Matesanz o pasado 18 de xuño na Comisión de Reconstrucción Social na que destacaba oe éxito nestas últimas catro décadas da nosa sanidade, pero con claros sintomas de fatiga desde hai anos, conseguindo ser unha das sanidades mais eficaces do mundo a costa da reducción de recursos. Coa crise do 2008 os presupuestos dedicados á saúde publica baixaron un 20% e a súa debilidade amosouse agora máis que evidente.

O que quero dicir é que non é un problema da Xunta agora, ou antes, é un problema de todolos partidos que gobernaron nestes últimos 40 anos.

Apuntaba o doutor Matesanz tres puntos fundamentais a revisar en busca dunha solución:

1.- A gobernanza: reforzar o papel do Ministerio de sanidade e a súa articulación coas comunidades autónomas e os recursos que se lles debe adicar. ten que aportar valor a xestión diaria das ccaa y eso pasa por un esfrozo económico, ademáis dun acordo institucional entre as distintas forzas políticas. Sinal de que non foi unha prioridade, nos últimos 10 anos houbo 9 ministros de sanidade e as competencias que no seu día tivo están agora repartidas en 4 ministerios: sanidade, asuntos sociais, consumo e igualdade, o que di como se foi adelgazando a estructura deste ministerio.

2.- os recursos humanos. A prioridade para levantar o sistema nacional de sanidade debe ser reconquistar a confianza dos profesionales sanitarios, bastante perdida por todo o acontecido durante a pandemia, pola falta de protección, entorutras cousas,  con máis de 50.000 contaxiados, máis de 70 mortos. Cualquera acción ten que pasar por unha política retributiva.

3. E o máis importante para reforzar o sistema de cara a un eventual, rebrote da pandemia e de cara a reconstruir a nova sanidade que precisa españa para o século XXI é reforzar a ATENCIÓN PRIMARIA, e no caso que nos ocupa reforzar a primaria para o campo sociosanitario, para un dos buratos negros desta pandemia que foron as residencias de avós e iso so se pode facer baseandose nun reforzamento da atencion primaria. Non pode ser que as dependencias sexan distintas, tanto a nivel ministerial como autonómico é necesario que os sociais e o sanitario vaian da man. A división en dous ministerios é un erro que hai que resolver o antes posible…

Sí hai que investigar o que pasou, e que non se volvan repetir erros.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: