El BNG traía al pleno de julio una moción sobre los problemas que está generando en Palavea la ocupación ilegal. Por supuesto, el voto fue favorable a esta moción, pues es un tema del que venimos hablando ya desde octubre del 2019 cuando presentamos una moción para crear un plan de protección vecinal contra este fenómeno que ya se está convirtiendo en demasiado habitual. Esta es la intervención en el debate de esta moción del BNG:
O problema da ocupación ilegal xa está vindo demasiadas veces a este salón de plenos, sinal de que ou ben non somos conscientes da gravidade do problema ou de que non se están a facer as cousas como se debera.
Un problema agravado coa crise do Covid, pois xa se suman en toda Galicia máis de 400 vivendas ocupadas, e todo fai indicar que o impacto da crise económica aumentará esa ciifra.
Así que unha vez máis vou facer mención dunha moción presentada no mes de outubro do ano pasado na que pedíamos un Plan de Protección da Convivencia e a Seguridade Veciñal contra a ocupación ilegal que inclúa, entre outras medidas, a creación dunha «Oficina de Defensa dos Dereitos dos veciños afectados pola Ocupación Ilegal», como órgano encargado da función de velar pola seguridade e as convivencias veciñaiss afectadas pola ocupación ilegal.
Unha vez máis vemos que fai moita falta. Os problemas de convivnecia, os problemas de seguridade cidadá provocados pola ocupación ilegal chegan agora as noticias, mesmo a nivel nacional, polo que está acontecendo nos últimos tempos en Palavea, pero non podemos esquecer o que ocorre na Zapateira, nos Mallos, na Ronda de Nelle, na Ronda de Outeiro, na Agra do Orzán, en Peruleiro, son moitos os puntos e en consecuencia moitos veciños desta cidade afectados por unha ocupación ilegal que xa se está a converter nunha ocupación habitual. A búsqueda dun lugar para empadronarse para poder recibir axudas xunto coa sensación de impunidade das perosas que okupan son sen dúbida alicientes para este aumento de casos.
Como xa dixemos máis veces hai que diferenciar as ocupacións por pura necesidade das ocupacións delictivas, por iso no seu día propuxemos tamén a elaboración dun censo de vivendas ocupadas cuantitativo e cualitativo, por suposto, respetando a normativa sobre protección de datos. Insitucións como a Cocina Económica ou Padre Rubinos podennos dar boa conta dos casos e traballar en colaboración con eles.
Todos entendemos que non é o mesmo unha familia que quedou sen recursos por mor da crise que un grupo de persoas que ven na okupación un xeito barato de vivir, non é a mesma situación a dunha familia vulnerable que a dun grupo mafioso que se parapetan nun piso ou casa, que lle esixen ao propietario cartos para se marchar ou que arrendan a outros okupas a cambio dunha suma de diñeiro.
O grave é que a ley permite que este tipo de okupas se aproveiten tamén do suposto beneficio para os primeiros o que xenera moitas veces que os veciños se tomen a xusticia pola súa man como está acontecendo en Palavea.
O dereito a unha vivenda digna non pode ser nunca a privación da seguridade, de salubridade, incluso, para os okupas e para o resto dos veciños. E que pasa cos propietarios desas vivendas ocupadas, ¿onde quedan os seus dereitos, o dereito á propiedade privada? O dereito a unha vivenda digna e adecuada non autoriza a okupar a casa de outro.
Non podemos mirar cara outro lado, non podemos obviar que este problema irá en aumento, un dato, nos útlimos 5 anos a ocupacion ilegal aumentou en España un 58%, e non podemos esquecer que nesta mesma cidade xa houbo que lamentar graves incidentes por culpa de situacións como a que agora mesmo se está a vivir en Palavea.
Polo tanto, por suposto votaremos a favor desta moción, facendo fincapé en extender esta petición ao resto de casos da cidade.