Compromisos por cumplir, ya va siendo hora

Otra de las mociones del Grupo Mixto aprobada por unanimidad ha sido para reclamar a la Concejalía de Deportes que cumpla con sus compromisos. A la moción se ha unido el PP, la hemos presentado conjuntamente y a su vez hemos aceptado enmiendas de BNG y de Marea, así dejábamos claro la unión de toda la oposición en este aspecto.

Podéis leer aquí el texto íntegro de la moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O mundo do deporte afronta tamén unha dura realidade na volta á normalidade. Os clubs da cidade teñen que planificar unha tempada que presenta moitas dúbidas e atópanse cunha dificultade engadida, a falta de planificación do Servizo de Deportes.

Xa en setembro de 2019, reclamamos neste pleno a elaboración dunha ordenanza municipal ou regulamento que regule o réxime de utilización e xestión das distintas instalacións deportivas municipais, garantindo os dereitos dos usuarios, por unha banda, e, por outro, establecendo as necesarias obrigacións ou deberes destes. 

Como contamos naquela ocasión e repetimos desde entón, a regulación pola que agora se rexe o  Concello data do ano 2007 e trátase dunha normativa aprobada en Xunta de Goberno Local pero non en Pleno, polo que a súa inadecuación legal e a súa case nula operatividade nalgúns puntos, ademais de que se atopa obsoleta en moitos aspectos, fan necesaria a introdución dun novo marco normativo que regule os usos das instalacións deportivas da cidade. 

A necesidade de manter en perfecto estado o patrimonio deportivo municipal, a introdución de normas básicas de respecto e convivencia no seu interior, e o interese por utilizar responsablemente os recursos públicos son argumentos que motivan o impulso da petición desta ordenanza ou regulamento. 

Cando xa se consumiu máis dun cuarto de mandato o Servizo de Deportes non puxo en marcha nada do prometido, non hai Plan Estratéxico, non hai Consello Municipal de Deportes, non hai nova repartición de horarios nin hai novidades con respecto aos convenios.

Os clubs seguen preguntándose que criterios se seguen para a repartición de horas, seguen sen saber que horarios se lles van a asignar e se se van a adaptar ás súas demandas ou se se van a prorrogar por quinto ano consecutivo, seguen sen ter asignados os convenios da próxima tempada. 

É digno recoñecer o esforzo que fan os clubs atendendo ao fomento do deporte e á educación deportiva de miles de nenos nesta cidade, chegando alá onde non pode chegar o  Concello. É digno, pois, atendelos e axudalos, pagar en tempo, non poñerlles trabas, e que todos teñan as mesmas posibilidades. 

Estes argumentos xustifican o interese da redacción dunha ordenanza implicada cos cidadáns, interesados no bo funcionamento da administración local. O presente texto, responde o imperativo de atender á regulación imprescindible na materia, non existindo ningunha outra medida ou norma de carácter legal que impoña obrigacións máis restritivas aos usuarios ou destinatarios do mesmo. 

Por todo o exposto, o Pleno do Concello adopta os seguintes

ACORDOS

  1. Que se elabore unha ordenanza e/ou que se actualice a normativa existente tal e como se acordou no pleno de setembro de 2019.
  2. Que se cumpra co prometido en materia de horarios, convenios, creación do Consello Municipal de deportes e todos os outros compromisos para que o deporte desta cidade pode ser fonte de beneficio para todos.
  3. Que se poña en orde de maneira prioritaria a situación de todos os contratos estructurais da Concellaría de Deportes que se atopan actualmente caducados.
  4. Que se estude a viabilidade da xestión directa das instalacións deportivas municipais, nomeadamente do Centro Deportivo do Castrillón e do Complexo Deportivo Municipal de San Diego e que se estude o desenvolvemento dun carnet único para os usuarios. 
  1. Que se inicie un proceso de negociación coa Xunta de Galiza para reclamar a transferencia ao Concello dos complexos deportivos de Elviña, A Sardiñeira e Agra I na Agra do Orzán. 
  2. Instar ao Concello da Coruña a iniciar ante a Xunta de Galicia a solicitude de cesión de uso das instalacións deportivas de titularidade da Xunta ( pavillóns de Monte Alto, As Moas,  Elviña 2 e Agra 2) e xestionadas pola Fundación Deporte Galego.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: