Nadie atrás en la práctica del deporte

Continúo con el repaso a las mociones presentadas en el pasado pleno ordinario, en esta ocasión con otra aprobada por unanimidad para que se instauren becas para que ningún chaval deje de practicar deporte por falta de recursos económicos de su familia.

Aquí os dejo la defensa de la moción:

O dano económico do coronavirus sobre o deporte é incalculable. A crise epidémica provocou un estancamento no deporte, paralizando toda a actividade económica ligada ao mesmo nesta cidade. As  entidades deportivas adoecen nestes momentos dunha falta absoluta de ingresos, cotas, taquillas e patrocinadores e temen que a falta de recursos nas familias mermen aínda máis a súa labor.

Por falar sobre datos, no mes de xuño 1.403 familias da Coruña recibiron o ingreso mínimo vital do goberno. 

Consideramos desde este grupo que toca reinventarse e buscar medidas excepcionais ante feitos excepcionais para garantir que ninguén poda ser excluído da práctica deportiva por falta de medios económicos. É deber deste concello  dar resposta as necesidades xeradas pola cidadanía en materia deportiva. 

Conscientes da complicada situación económica, o concello debería abrir unha liña de becas dirixidas aoas rapaces con dificultades para seguir adiante coa práctica deportiva, e que, por unha cuestión económica as súas familias non poidan asumir os custes das matrículas dos clubs, cotas mensuais ou equipamentos deportivos. 

É certo que sempre hai cousas mais importantes que atender, pero o deporte agora mesmo é vital. Vital para a saúde física, a mental e vital para as relacións sociais. 

O deporte en idade escolar ten que ser considerado como un dereito dos nenos, pola importancia na súa formación persoal e no seu desenvolvemento emocional e a situación económica dunha familia nn pode ser un impedimento. Ningún rapaz desta cidade debería deixar de facer deporte por unha cuestión económica.

Por todo isto, o grupo municipal mixto propón que o pleno da corporación adopte o seguinte:

ACORDO

  1. Instar ao goberno local a destinar para a próxima temporada unha axuda económica, a través de bolsas, para que as familias empadroadas no concello, e con escasos recursos económicos, poidan custear os gastos que xeran, entroutras cousas, a renovación das  licenzas deportivas dos seus fillos.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: