O Ofimático cambiará de nome

Un dos temas principais da Comisión de Honras foi o cambio de nome do Parque Ofimático por Xuxán baseado nun informe da Real Academia Galega. O asunto terá que aprobarse en pleno. Nesta comisión, o meu voto foi a abstención para amosar o meu desencanto co estado no que se atopa este barrio. Ogallá se apure o goberno a humanizar o barrio igual que a cambiarlle de nome.

Deixovos aquí o texto da niticia da páxina web do Concello:

A Comisión de Honra e Distincións acordou que se debata na próxima sesión a recuperación deste topónimo da zona para nomear o barrio, así como outras propostas para rúas que realizou a Real Academia Galega co fin de manter viva a memoria do lugar

A Comisión de Honra e Distincións deu conta esta mañá dos expedientes que inclúen a determinación de nomes de vías públicas no Parque Ofimático para o que propoñen a designación definitiva como barrio de Xuxán. Na reunión acordouse levar á próxima sesión plenaria parte do rueiro deste barrio grazas aos votos favorables de PSOE, PP e Marea Atlántica, mentres que o BNG e o grupo mixto se abstiveron.

Tal e como recolleu nun informe emitido en xaneiro, a Real Academia Galega aconsella recuperar o topónimo de Xuxán que limitou noutrora unha zona incluída onde hoxe se erixe o Ofimático e deixar de referirse a el con este último nome por carecer de sentido e raizame. No estudo, a institución chámalle así tamén a unha das novas vías e propón outras denominacións para as súas rúas como Galán, Agrelo, A Canteira, Longarela, Campo de Galán e A Viña, que corresponden a microtopónimos anteriores co fin de rescatar a memoria do lugar e a tradición.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: