Os cuento a continuación el contenido de la moción aprobada por unanimidad en el Pleno de La Coruña para instalar aparcabicis privados, con prioridad en los hospitales y puntos estratégicos de la ciudad.
Exposición de motivos:
Se podemos sacar algo positivo da crise que estamos vivindo é o cambio de hábitos no transporte cara unha mobilidade máis sostible. Hai uns días saía un informe de RACE no que eran moitas as persoas que aseguraban que deixarían de lado, polo momento, o transporte público por medo a contaxios e que empezarían a usar máis a bicicleta ou o patinete eléctrico para os traxectos rutinarios
Vimos estes días como o Ministerio de Transporte en Italia incentiva a compra de bicicletas con axudas de ata 200 euros. Aquí en España aumentan as vendas de bicis un 200% e xa existe unha distinción para as empresas públicas e privadas que promovan os desprazamentos ao traballo en bicicleta o que vai máis alá da recomendación do uso da bici que se fai desde o goberno de España por ser un medio de transporte que facilita o distanciamiento social e a autoprotección ante o Covid-19.
Aquí en coruña, mentres se avanza no regulamento para os VMP, tamén bici coruña avanza progresivamente, pero os usuarios de bicis propias teñeno máis complicado. A orixe desta moción está motivada por diversos traballadores dos hospitais da cidade que dende que hai carril bici se desprazan as veces a traballar en bici ou patinete e faríano máis veces e faríao máis xente se tivesen un lugar seguro onde deixar os seus vehículos.
Impulsar o uso da bicicleta é un dos obxectivos que contempla o Plan de Mobilidade. Se queremos facilitar o uso deste transporte, non basta co servizo das bicicletas municipais, hai que distribuir ubicacións por toda a cidade para aparcar estes vehículos privados.
Especialmente prioritarios deben ser os puntos de primeira necesidade como hospitais, centros de ensinanza, centros deportivos. Por toda Europa, onde a bicicleta está xa máis que arraigada, existen diferentes tipos de aparcadoiros con estéticas nada invasivas que perfectamente se poden estudar para esta cidade.
Entón, tras aceptar as enmendas da Marea e do PP os acordos que propoñemos son os seguintes:
- Dotar á maior brevidade posible aos hospitais do Chuac (HUAC, Materno, Oza, Abente y Lago e Ventorrillo) de aparcamentos protexidos para bicicletas privadas e patinetes realizando todas as xestións necesarias.
- Estender estes aparcadoiros aos Centros de Saude de Atencion Primaria onde non haxa cerca un aparcadoiro e ubicacions distribuidas con puntos estratexicos en toda a cidade, nomeadamente nos centros escolares e deportivos.
- Desenvolver unha rede de aparcamentos públicos cubertos de bicicletas para residentes de barrios con alta densidade de edificios antigos (sen aparcamento, ascensor ou trasteiro).
- Contemplar, na execución do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), O desemvolvemento dunha rede de aparcadoiros para bicicletas privadas e patinetes por toda a cidade, para que os usuarios dos roteiros ciclables poidan dispoñer, en orixe e destino dos seus desprazamentos, deste servizo.
- Defender o potencial da bicicleta como vehículo silencioso, limpo, asequible e sostible ante a opinión pública e desarrollar campañas de promoción do uso da bicicleta como vehículo de mobilidade alternativa ao coche ou á moto nos desprazamentos curtos.