VAI Coruña, pola cultura da nosa cidade

Un dos sectores máis afectados pola crise do Covid é, sen dúbida, a cultura. En busca de solucións e de apoios nace o colectivo VAI, conformado por axentes vinculados ao ámbito da cultura da cidade da Coruña, para defender o papel que representa este sector para a cidade e reivindicar un apoio decidido das Administracións públicas.

Acompañeinos na lectura do seu manifesto e no pasado pleno aproveitei para propoñer unha das medidas que eles reclaman. Foi na intervención da aprobación do modificativo do IMCE:

Este é o texto da intervención:

Non me vou extender moito, temos claro desde este grupo que este asunto é un trámite imprescindible para completar o xa aprobado por unanimidade por todos os grupos políticos desta corporación o pasado 1 de xuño, acordo do que insisito, debemos estar orgullosos por seren capaces de pensar na cidade por riba de todas as cousas, por seren capaces de entre todos acordar un plan de reactivación económica e social, que non debemos esquecer, é moi necesario. Entendemos pois que a aprobación deste expediente vai ligada ao xa aprobado hai un mes.

E máis, era unha das advertencias do interventor no seu informe do expediente do M2, informe no que sinalaba unha serie de puntualizacións que debían de aplicarse como a necesidade de, ou ben dar de baixa de oficio créditos do  estado de gastos do orzamento de gastos  do  IMCE, ou ben adoptar un acordo plenario para que sexa o  IMCE quen propoña as baixas e dar así seguridade aos 700.000 euros dados de baixa para a súa achega a este Plan.

Todos sabemos que as festas este verán serán diferentes, todos sabemos que non se van gastar tantos cartos, porque non é viable. Tamén todos sabemos que o sector da cultura está moi tocado, como tantos outros, toca pensar en buscar solucións concretas e efectivas e atender como se merece ao sector. 

Por exemplo, unha boa medida sería un convenio entre o concello e Abanca para que se articule unha liña de anticipos de cartos para as empresas que consigan contratos co concello…que teñan un anticipo a un interés moi baixo para que todos os implicados na execución dos contratos cobren axiña. Para que teñan esa liquidez que necesitan, porque si gañan un concurso pero levan 4 meses sin facturar e aínda por riba teñen pufos que se lle acumulan..imaxinamos a súa situación…

Outra cousa é o concepto que teñamos do funcionamento do IMCE, e como queremos ou debemos xestionalo, creo que é moi mellorable, debe ser máis transparente (non entendo porque os contratos menores do IMCE permiten cantidades máis altas que os do Concello, por exemplo)… pero isto daría para un debate de moito máis que 5 + 3. Creo que non é momento, creo que é a hora de completar o trámite iniciado o pasado 1 de xuño, así que nada máis que adiantar o noso voto a favor da aprobación iniacial do expediente de modificación do orzamento do IMCE.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: